![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Fran_Drescher_2018.jpg/640px-Fran_Drescher_2018.jpg&w=640&q=50)
Fran Drescher
From Wikipedia, the free encyclopedia
Francine Joy "Fran" Drescher, nada en Queens, Nova York o 30 de setembro de 1957, é unha actriz, comediante, produtora executiva e activista estadounidense. É mundialmente famosa por ser a protagonista da serie televisiva A Nanny (1993-1999).
![]() (2018) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Francine Joy Drescher ![]() 30 de setembro de 1957 ![]() Flushing, Estados Unidos de América (en) ![]() ![]() |
3ª President of SAG-AFTRA (en) ![]() | |
2 de setembro de 2021 – ← Gabrielle Carteris (pt) ![]() | |
Special Envoy (en) ![]() | |
8 de setembro de 2008 – valor descoñecido Nomeado por: Condoleezza Rice ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Queens College Hillcrest High School (en) ![]() Wagner College (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz de televisión , actor de xénero , presentadora de televisión , actriz de dobraxe , cantante , actriz de teatro , escritora , guionista , produtora , actriz , actriz de cinema , produtora de televisión ![]() |
Período de actividade | 1977 ![]() |
Partido político | Partido Demócrata ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Shiva Ayyadurai (2014–2016) Peter Marc Jacobson (1978–1999) |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Debutou no cine en 1977 na película Saturday Night Fever. Nos anos 1980 interpretou roles cómicos e dramáticos en diversos filmes, entre eles The Big Picture e UHF. Mais o seu salto á fama produciuse na década de 1990 cando desempeñou o papel de Fran Fine na comedia de situación A Nanny, que se emitiu entre 1993 e 1999 na cadea CBS. Polo seu desempeño nesta serie recibiu varios nomeamentos aos premios Emmy e Globo de Ouro. No 2000 diagnosticóuselle un cancro de útero, polo que se mantivo relativamente afastada da interpretación até que en 2005 retornou á televisión cunha nova serie, Living with Fran, aínda que non con tanto éxito como na súa anterior comedia. Posteriormente intentou rexurdir a súa carreira televisiva presentando o programa de entrevistas The Fran Drescher Tawk Show (2010) e protagonizando a serie Happily Divorced (2011).