From Wikipedia, the free encyclopedia
Frédéric Cuvier, nado o 28 de xuño de 1773 en Montbéliard, Doubs, Franco Condado (Francia), e finado o 24 de xullo de 1838 en Estrasburgo, foi un paleontólogo, zoólogo e botánico francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xuño de 1773 Montbéliard, Francia |
Morte | 24 de xullo de 1838 (65 anos) Estrasburgo, Francia |
Residencia | Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía e paleontoloxía |
Ocupación | botánico, zoólogo, físico, paleontólogo, profesor universitario |
Empregador | Museo Nacional de Historia Natural de Francia |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | F.Cuvier |
Abreviatura do autor en zooloxía | F.Cuvier |
Familia | |
Fillos | Frédéric Cuvier |
Irmáns | Georges Cuvier |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Medvik >>>:Cuvier, Frédéric, 1773-1838, |
Era o irmán máis novo de Georges Cuvier.[1]
Foi coidador xefe da gardaría de animais do Museo Nacional de Historia Natural de Francia en París, de 1804 a 1838.
A partir de 1816 dirixiu o Dictionnaire des sciences naturelles.
En 1835 foi elixido membro estranxeiro da Royal Society de Londres.
En 1837 creou a sección de "Fisioloxía comparada" no Museo de Historia Natural de París.
Foi mencionado por Charles Darwin en A orixe das especies (capítulo VII), por ter traballado no estudo do comportamento dos animais e o instinto, en especial a distinción entre o hábito e o instinto.
Tamén se menciona en Moby Dick (capítulo 32) por ter escrito sobre as baleas.
Entre outras moitas especies, describiu e deulle o nome científico ao panda vermello (Ailurus fulgens) en 1821.
Cuvier foi descrito como o primeiro científico en utilizar os termos "héréditaire" (hereditario) en 1807 e "hérédité" en 1812 no seu contexto biolóxico. Utilizou ámbalas dúas para promover a herdanza das características adquiridas baseándose nos seus estudos sobre o comportamento animal.[1][2]
Malia ser un defensor da herdanza das características adquiridas, ao igual que o seu irmán negou a transmutación de especies,[3] cría que os patróns de comportamento dos animais cambian co paso do tempo en relación ás necesidades inducidas polo medio ambiente. O historiador Robert J. Richards escribiu que Cuvier "non cría que os patróns anatómicos das especies fosen modificados co paso do tempo, aínda que admitiu que cambiaron de formas non esenciais a través da herdanza das características adquiridas... Era un evolucionista do comportamento, aínda que modesto".[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.