![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ed/Ripuarisch.png/640px-Ripuarisch.png&w=640&q=50)
Fráncico ripuario
From Wikipedia, the free encyclopedia
O fráncico ripuario ou franconio ripuario (en alemán Ripuarisch, en ripuario Ripoaresch; do latín ripa 'beira') é un conxunto de dialectos do alemán, parte do grupo central occidental. Xunto co luxemburgués, o fráncico moselano e o fráncico renano constitúe a familia dialectal do fráncico central, sendo a súa variedade máis noroccidental. O seu nome provén dos francos ripuarios, que se estableceron a beiras do Rin a partir do século IV.
Fráncico ripuario Ripoarisch | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Ripuario | |
Falado en: | Alemaña, Bélxica e os Países Baixos | |
Rexións: | Renania do Norte-Westfalia, Renania-Palatinado, Liexa e Limburgo | |
Total de falantes: | ≈ 900 000 | |
Familia: | Indoeuropea Xermánico Xermano occidental Alto alemán Alemán central occidental Fráncico central Fráncico ripuario | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | ksh
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
Fálase principalmente no estado federado de Renania do Norte-Westfalia, ó sur da liña de Benrath, dende o noroeste de Düsseldorf e Colonia até Aquisgrán ó oeste, e Waldbröl ó leste. Tamén se estende ó norte de Renania-Palatinado, a área de Eupen (leste de Bélxica) e algúns municipios limítrofes dos Países Baixos (Kerkrade, no Limburgo neerlandés).
As variedades que conforman o ripuario chámanse a si mesmas Platt: así, o Öcher Platt é a fala de Aquisgrán, o Eischwiele Platt a de Eschweiler, o Bönnsch Platt a de Bonn, etc. De entre todas elas, a máis coñecida é o ripuario de Colonia, o Kölsch.