actriz británica From Wikipedia, the free encyclopedia
Florence Pugh (|pjuː|), nada en Oxford o 3 de xaneiro de 1996, é unha actriz británica. Debutou como actriz en The Falling (2014) e recibiu recoñecemento a partir do seu papel protagonista en Lady Macbeth (2016). A súa interpretación como unha muller casada infeliz valeulle un British Independent Film Award á mellor actriz. Pugh interpretou a Isabel de Burgh no filme histórico Outlaw King (2018).[1]
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1996 (28 anos) Oxford, Reino Unido |
Residencia | Os Ánxeles (2020–) Toronto |
Educación | St Edward's School (en) Cokethorpe School (en) |
Altura | 162 cm |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | actriz, cantante, actriz de cinema, compositora de cancións |
Período de actividade | 2014 - |
Membro de | |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Parella | Zach Braff (2019–2022) |
Irmáns | Toby Sebastian |
Premios | |
|
Pugh naceu e creceu en Oxfordshire.[2][3] O seu pai, Clinton Pugh, é un restaurador en Oxford[4] e a súa nai, Deborah, é bailarina e profesora de danza. Pugh ten tres irmáns, entre eles o actor e músico Toby Sebastian e a actriz Arabella Gibbins.[1]
Cando era nena, Pugh sufriu traqueomalacia, que provocou que fose hospitalizada con frecuencia. A familia mudouse a Sotogrande, en Andalucía, cando Pugh tiña tres anos esperando que o clima tépedo mellorase a súa saúde. Viviron alí ata que cumpriu seis anos, cando regresaron a Oxford.[5][6]
O seu amor polos acentos e a actuación chegoulle precisamente aos seis anos, cando fixo parte dunha obra escolar de Nadal como a Virxe María e decidiu facer dela coma se tivese interpretala coma se tivese acento de Yorkshire. Outros papeis protagonistas seguírona na Wychwood School (2007–2009) e na St. Edward's School, en Oxford.[1][7][8][9]
Pugh debutou no cinema no filme de 2014 The Falling, en que interpreta unha adolescente precoz, actuando xunto con Maisie Williams.[1][10] Pugh foi candidata ao premio á mellor actriz debutante británica no BFI London Film Festival de 2015 e á mellor interpretación nos premios do London Film Critics' Circle.[11]
En 2015, Pugh obtivo o papel principal na fita Studio City, xunto a Eric McCormack.[12][1] O ano seguinte protagonizou Lady Macbeth e tivo un papel recorrente na primeira tempada da serie de detectives Marcella.[13] Pola súa actuación na serie recibiu un British Independent Film Award, entre outros galardóns.[14]
En 2018, Pugh interpretou a Isabel de Burgh no filme histórico Outlaw King (2018), protagonizado por Chris Pine como Roberto I de Escocia.[15] O ano seguinte interpretou a loitadora profesional Paige en Fighting with My Family, un drama deportivo sobre a relación de Paige coa súa familia.[16] Ademais protagonizou o filme de terror de Ari Aster Midsommar, e apareceu en Little Women, xunto a Saoirse Ronan, Timothée Chalamet e Meryl Streep, filme baseado na novela homónima de Louisa May Alcott, e nunha miniserie baseada na novela de espías de John le Carré The Little Drummer Girl.[17][18][19]
Ano | Título | Personaxe | Outras funcións |
---|---|---|---|
2014 | The Falling | Abbie Mortimer | |
2016 | Lady Macbeth | Katherine Lester | |
2018 | The Commuter | Gwen | |
Outlaw King | Isabel de Burgh | ||
Malevolent | Angela | ||
2019 | Fighting with My Family | Saraya "Paige" Bevis | |
Midsommar | Dani | ||
Little Women | Amy March | ||
2020 | Father of the Bride Part 3(ish) | ||
2021 | Black Widow | Yelena Belova / Black Widow | |
Don't Worry Darling | Alice | ||
2022 | The Wonder | Lib Wright | |
Puss in Boots: The Last Wish | Goldilocks (voz) | ||
2023 | A Good Person | Allison | Tamén produtora |
Oppenheimer | Jean Tatlock |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.