forma de moeda From Wikipedia, the free encyclopedia
Flor española é unha forma característica dalgunhas moedas contemporáneas, definida por amosar un canto liso no que se alternan unhas canles ou amosegas que configuran seccións iguais do canto.[1][2]
O nome débese á súa aprencia de pétalos dunha flor e ao feito de que a primeira moeda con esta forma fose a española de 50 pesetas emitida entre 1990 e 2000. No caso desta moeda, as canles dividían o canto en sete seccións iguais.[1][2]
Esta forma foi asumida posteriormente pola Unión Europea para as moedas de vinte céntimos de euro da Eurozona,[1][3] como sistema de axuda para que as persoas con deficiencia visual poidan recoñecer con facilidade moedas de tamaños próximos.[2][4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.