Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O dólar fixiano (en inglés Fijian dollar ou, sinxelamente, dollar) é a moeda oficial de Fidxi. Normalmente é abrebiado $, ou FJ$ para diferencialo do dólar estadounidense e doutros tipos de dólares. O código ISO 4217 é FJD. Subdivídese en 100 cents ou céntimos.
Dólar fixiano | |
---|---|
Fijian Dollar (inglés) | |
Código: | FJD |
Ámbito: | Fidxi |
Símbolo: | $, FJ$ |
Fracción: | 100 (cents) |
Moedas: | 1, 2, 5, 10, 20 e 50 cents 1 $ |
Billetes: | 2, 5, 10, 20, 50 e 100 $ |
Emisor: | Banco de Reserva de Fidxi |
Taxa de troco: 15-04-2010 | 1 EUR = 2,5859 FJ$ 1 USD = 1,9066 FJ$ |
O dólar circula nas illas Fidxi dende 1969, a pesar de que xa circulara anteriormente por primeira vez entre 1867 e 1873, cando foi substituído pola libra esterlina a raíz da colonización británica. Estes primeiros dólares equivalían a un dólar de prata dos Estados Unidos. O dólar de 1969 substituíu a libra fidxiana (continuadora da libra esterlina) a razón de 2 dólares por libra.
Esta moeda é emitida polo Banco de Reserva de Fidxi (Reserve Bank of Fiji), e circulan moedas de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 céntimos e de 1 dólar, e billetes de 2, 5, 10, 20, 50 e 100 dólares.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.