![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/61/Rashomon_poster.jpg/640px-Rashomon_poster.jpg&w=640&q=50)
Filmes do Xapón propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Xapón presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende a primeira edición do premio. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/61/Rashomon_poster.jpg/640px-Rashomon_poster.jpg)
![]() |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Até o ano 2023, trece filmes xaponeses foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, e dous deles gañaron o premio, Okuribito[5][6] e [[Doraibu mai kā]. Os únicos directores xaponeses en ter múltiples filmes nomeados son Akira Kurosawa e Noboru Nakamura. Kurosawa recibiu o Óscar Honorífico antes da creación formal do premio polo seu filme Rashomon, ademais do Óscar por Dersu Uzala (presentado pola antiga Unión Soviética), e presentou catro filmes máis, dous dos cales foron nomeados.[7][8] Por outra banda, o filme de Kurosawa Ran non foi proposto deliberadamente pola industria cinematográfica xaponesa por mor da pobre acollida que tivo entre os cineastas xaponeses da época.[9] Nakamura contou con dous filmes, Koto e Chieko-sho, que foron nomeados para o premio.[10] Entre tódolos países que presentaron filmes para o premio, o Xapón clasifícase no quinto posto en termos de nomeados, por detrás de Suecia (catorce nomeados) e por diante da antiga Unión Soviética (nove nomeados).[11]