Akira Kurosawa
director, produtor e guionista de cine xaponés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Akira Kurosawa (黒澤 明[1], Kurosawa Akira?), nado en Toquio o 23 de marzo de 1910 e finado na mesma cidade o 6 de setembro de 1998, foi un director, produtor e guionista de cine xaponés. As súas películas influenciaron grandemente unha xeración enteira de realizadores como George Lucas ou Sergio Leone. A súa primeira película acreditada (Sugata Sanshiro) presentouse en 1943 e a última (Madadayo) en 1993. Considerado como un dos máis importantes e influentes directores da historia do cine, Kurosawa dirixiu 30 filmes en 57 anos de carreira.
(1953) | |
Nome orixinal | (ja) 黒澤明 (ja) 黒沢明 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de marzo de 1910 Shinagawa (Imperio do Xapón) |
Morte | 6 de setembro de 1998 (88 anos) Setagaya, Xapón |
Causa da morte | derramo cerrebral |
Lugar de sepultura | An'yō-in (en) 35°18′51″N 139°33′20″L |
Datos persoais | |
Residencia | Xapón |
País de nacionalidade | Imperio do Xapón (–1947) Xapón |
Altura | 182 cm |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema , escritor , realizador , produtor , montador , produtor de cinema , guionista , pintor |
Período de tempo | Século XX |
Período de actividade | 1936 - 1993 |
Membro de | |
Pseudónimo literario | AK |
Lingua | Lingua xaponesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Yōko Yaguchi (1945–1985), morte do cónxuxe |
Fillos | Kazuko Kurosawa (en) , Hisao Kurosawa (pt) |
Premios
| |
|
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Kurosawa comezou na industria do cine xaponés en 1936, despois dun breve período como pintor. Despois de moitos anos traballando en filmes como asistente de director e guionista, debutou detrás da cámara en 1943 cun filme de acción Sugata Sanshirō. Despois da segunda guerra mundial, a crítica aclamou O anxo ebrio (1948), no cal Kurosawa escolleu entre o elenco a un daquela descoñecido Toshiro Mifune, facendo medrar a súa reputación como un dos mellores novos directores do Xapón. Os dous homes colaborarían xuntos noutros 15 filmes.
Rashomon, que se estreou en Toquio en agosto de 1950, converteuse o 10 de setembro de 1951 no gañador sorpresa do León de Ouro no Festival de Cine de Venecia, e máis tarde foi estreada en Europa e Norte América. O éxito comercial e da crítica abriulle a porta do mercado cinematográfico occidental. Durante os anos 1950 e 1960, Kurosawa dirixiu aproximadamente un filme por ano, incluíndo Ikiru (1952), Os sete samurais (1954) e Yojimbo (1961). Despois dos anos 1960, volveuse menos prolífico, pero no seu período final dirixe Kagemusha (1980) e Ran (1985). En 1990, acepta o Óscar á Traxectoria Profesional.[2][3]