![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/09/Rudi-Sedlmayer-Halle.jpg/640px-Rudi-Sedlmayer-Halle.jpg&w=640&q=50)
Festival de Eurovisión 1983
From Wikipedia, the free encyclopedia
O XXVIII Festival de Eurovisión celebrouse o 23 de abril de 1983 en Múnic, Alemaña Occidental. A súa presentadora foi Marlene Charell, e a vitoria foi para a representante luxemburguesa, a francesa Corinne Hermès co tema "Si a vie est cadeau".
Festival de Eurovisión 1983 | |
---|---|
![]() | |
Datas | |
Final | 23 de abril |
Anfitrión | |
Lugar | Rudi Sedlmayer Halle Múnic ![]() |
Presentador(es) | Marlene Charell |
Televisión anfitrioa | ![]() |
Participantes | |
Participantes | 20 |
Países que retornan | ![]() ![]() ![]() |
Países que se retiran | ![]() |
Mapa
| |
Votacións | |
Sistema de votación | Cada país da 1-8, 10 e 12 puntos ás súas 10 cancións favoritas |
Cero puntos | ![]() |
Canción gañadora | ![]() Corinne Hermès Si la vie est cadeau |
Festival de Eurovisión | |
◄1982 ![]() |
A presentadora do concurso deste ano, que presentou aos artistas en tres idiomas (alemán, francés e inglés), estaba moi nerviosa e cometeu 13 erros na votación. Tamén confundiu os nomes dos artistas e a súa condución desagradou a estes. Debido á presentación trilingüe, o concurso durou máis de 3 horas por primeira vez na historia. O Festival deste ano non filmou postais para presentar aos artistas, xa que non estaban listas a tempo.
Nesta edición do festival utilizáronse por primeira vez micrófonos sen cables, e foi a primeira vez que os espectadores en vivo de Eurovisión superaron as 10.000 persoas.