From Wikipedia, the free encyclopedia
O XLII Festival de Eurovisión foi celebrado o 3 de maio de 1997 no Point Theatre de Dublín, Irlanda con 3.500 espectadores. Os presentadores foron o cantante Ronan Keating e a presentadora Carrie Crowley.
Festival de Eurovisión 1997 | |
---|---|
Datas | |
Final | 3 de maio de 1997 |
Anfitrión | |
Lugar | Point Theatre Dublín, Irlanda |
Presentador(es) | Carrie Crowley e Ronan Keating |
Televisión anfitrioa | |
Acto(s) intermedio(s) | Ronan Keating - Boyzone |
Participantes | |
Participantes | 25 |
Países que retornan | Alemaña Dinamarca Hungría Italia Rusia |
Países que se retiran | Bélxica Eslovaquia Finlandia Israel Romanía |
Mapa
| |
Votacións | |
Cero puntos | Noruega Portugal |
Canción gañadora | Love Shine a Light, Katrina & The Waves Reino Unido |
Festival de Eurovisión | |
◄1996 1998► |
Katrina & The Waves, representando ao Reino Unido, foron os vencedores con tema "Love Shine a Light", recibindo a máxima puntuación de dez países cun total de 227 puntos, resultado que permaneceu como o máis alto ata a chegada do sistema de semifinais en 2004, edición a partir da cal permitiuse que os países eliminados puidesen tamén emitir os seus votos, aumentando considerablemente o número de votos.
Logo da controversia creada o ano anterior co sistema de preselección de países para participar no festival, introduciuse un novo sistema: os países coa media máis baixa de puntos durante os cinco anos anteriores quedarían excluídos para o festival deste ano. Deste xeito, o número de participantes activos quedaría reducido a só vinte e cinco.
Israel decidiu non participar ao coincidir a data de celebración do certáme co Día en recordo do Holocausto, sendo cedida a súa praza a Bosníaca e Herzegovina. Tamén foi a última vez que Italia participa no festival ata a edición de 2011.
Nesta edición, cinco países (Alemaña, Austria, Suecia, Suíza e o Reino Unido) utilizaron por primeira vez o sistema do voto telefónico como unha forma de contrarrestar os baixos índices de audiencia nestes países e de achegar o evento a unha audiencia máis jóven. Os resultados do televoto, foron nalgúns casos, distintos aos entregados polo xurado profesional. Islandia, por exemplo, recibiu 16 dos seus 18 puntos grazas a este sistema.
O escenario estaba inspirado no novo mundo das telecomunicacións. Anna Maria Jopek, Marcos Llunas, Alla Pugacheva, ou os vencedores Katrina & The Waves foron algúns dos nomes máis importantes desta edición.
A seguinte táboa mostra os resultados das 25 cancións participantes. Os países en letra grosa clasificaron automaticamente para a edición de 1998.
# | País e TV | Intérprete(s) | Canción | Idioma | Lugar | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Chipre CyBC | Hara & Andreas Constantinou | Mana mou | Greego | 5 | 98 |
2 | Turquía TRT | Şebnem Paker & Grup Etnic | Dinle | Turco | 3 | 121 |
3 | Noruega NRK | Tor Endresen | San Francisco | Noruegués | 24 | 0 |
4 | Austria ORF | Bettina Soriat | One step | Alemán | 21 | 12 |
5 | Irlanda RTÉ | Marc Roberts | Mysterious woman | Inglés | 2 | 157 |
6 | Eslovenia RTVSLO | Tanja Ribič | Zbudi se | Esloveno | 10 | 60 |
7 | Suíza SSR SRG | Barbara Berta | Dentro di me | Italiano | 23 | 5 |
8 | Países Baixos NOS | Mrs. Einstein | Niemand heeft nog tijd | Neerlandés | 22 | 5 |
9 | Italia RAI | Jalisse | Fiumi di parole | Italiano | 4 | 114 |
10 | España TVE | Marcos Llunas | Sin Rencor | Español | 6 | 96 |
11 | Alemaña ARD | Bianca Shomburg | Zeit | Alemán | 19 | 22 |
12 | Polonia TVP | Anna Maria Jopek | Ale jestem | Polaco | 11 | 54 |
13 | Estonia ERR | Maarja-Liis Ilus | Keelatud maa | Estoniano | 8 | 82 |
14 | Bosnia e Hercegovina RTVBIH | Alma Čardžić | Goodbye | Bosníaco | 18 | 22 |
15 | Portugal RTP | Célia Lawson | Antes do adeus | Portugués | 24 | 0 |
16 | Suecia SVT | Blond | Bara hon älskar mig | Sueco | 14 | 36 |
17 | Grecia ERT | Marianna Zorba | Horepse | Grego | 12 | 39 |
18 | Malta PBS | Debbie Scerri | Let me fly | Inglés | 9 | 66 |
19 | Hungría MTV | V.I.P. | Miért kell, hogy elmenj? | Húngaro | 13 | 39 |
20 | Rusia ORT | Alla Pugachova | Primadonna | Ruso | 15 | 33 |
21 | Dinamarca DR | Kølig Kaj | Stemmen i mit liv | Dinamarqués | 16 | 25 |
22 | Francia FT2 | Fanny | Sentiments songes | Francés | 7 | 95 |
23 | Croacia HRT | E.N.I. | Probudi me | Croata | 17 | 24 |
24 | Reino Unido BBC | Katrina & The Waves | Love Shine a Light | Inglés | 1 | 227 |
25 | Islandia RÚV | Paul Oscar | Minn hinsti dans | Islandés | 20 | 18 |
Cada país tiña un xurado de 16 membros (fóra diso os países que ocuparon o voto telefónico) co que se outorgaba de 12, 10, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2 a 1 puntos aos seus dez cancións favoritas.
Procedemento de votación usado:
Votación realizada so por televoto. |
Votación realizada so por xurado. |
Trala votación os países que recibiron 12 puntos (máxima puntuación que podía outorgar o xurado) foron:
N. | A | De |
---|---|---|
10 | Reino Unido | Austria, Irlanda, Suíza, Países Baixos, Suecia, Hungría, Rusia, Dinamarca, Francia, Croacia |
3 | Turquía | España, Alemaña, Bosnia e Hercegovina |
3 | Francia | Noruega, Polonia, Estonia |
2 | Chipre | Grecia, Islandia |
1 | Irlanda | Reino Unido |
1 | Rusia | Eslovenia |
1 | Italia | Portugal |
1 | Malta | Turquía |
1 | Estonia | Italia |
1 | Grecia | Chipre |
1 | España | Malta |
O xurado español para esta edición estivo presentado por José Manuel Parada e composto polo piloto Fernando González, a actriz María Esteve, o estudante Manuel do Rosario, a xornalista Yolanda Flores, o cantante Antonio Carbonell (representante en 1996), a estudante Beatriz Rojo, o monitor de equitación Fernando Arias, a cantante Miryam Fultz, a actriz Mari Carrillo, o compositor Javier López de Guereña, a cantante Eva Santamaría (representante en 1993), o deseñador Pepe Louro, a médica Ana Ojeda, o humorista Josele, a ama de casa Pilar Darder e o xornalista Manolo HH. Actuou como presidente Enric Frigola, director do Centro de Televisión Española en Cataluña. O notario foi José Manuel da Cruz Lagunero, o secretario foi Javier González e a portavoz dos votos foi Belén Fernández de Henestrosa.
Predecesor: Oslo 1996 |
Festival da Canción de Eurovisión Dublín 1997 |
Sucesor: Birmingham 1998 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.