From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ferreiriño palustre (Poecile palustris, antes Parus palustris) é unha ave paseriforme da familia dos páridos. É tan semellante a Poecile montanus que non foi descuberto como especie diferente ata 1888.[2]
Ferreiriño palustre | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Poecile palustris' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Parus palustris |
Ten unha lonxitude duns 11,5 cm e un peso de 11 gramos.[3] Corpo gris con lombo pardo[4] e parte superior da cabeza negra con pico negro; as pata son gris-azuladas.[5]
O seu hábitat predilecto son as fragas de monte baixo ou bosques mixtos con coníferas,[5] hortos e montañas ata os 1.400 metros de altitude. Prefire os lugares húmidos e sombríos preto de ríos e arroios.[4] Aliméntase de insectos e sementes.
Pon o niño en ocos de árbores. Normalmente as postas son de 7-8 ovos e fanse entre abril e maio. O tempo de incubación é de 12-13 días. Os polos comezan a abandonar o niño ós 17-20 días trala eclosión.
Presente en toda Europa Occidental e central, agás a Península Ibérica (coa excepción da franxa pirenaica), e na zona oriental de Asia.[5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.