From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando Primo de Rivera y Sobremonte, nado en Sevilla o 24 de xullo de 1831 e finado en Madrid o 23 de maio de 1921,[1][2] primeiro marqués de Estella e primeiro conde de San Fernando da Unión, foi un militar e político español.
Fernando foi fillo do destacado mariño José Primo de Rivera e tío do ditador Miguel Primo de Rivera.[3]
Combateu durante a Terceira Guerra Carlista e trala toma de Lizarra, Afonso XII concedeulle o título de Marqués de Estella.[3] Entre 1880 e 1883 foi Capitán Xeneral de Filipinas.[2] En 1897 foi nomeado de novo capitán xeneral nas illas, en substitución de Camilo García de Polavieja,[2] onde conseguiu empuxar ás montañas ás tropas de Emilio Aguinaldo con quen asinou en 1897 o Pacto de Biak-na-Bato polo que o insurxente filipino comprometíase a exiliarse en Hong Kong.[4][2] En 1898, durante a súa estancia en Filipinas, outorgóuselle a Cruz Laureada de San Fernando.[4] En abril de 1898 sería relevado no cargo e substituído por Basilio Augustín e Dávila.[2]
Foi ministro da Guerra de forma interina en 1874 e 1875, nos inicios da Restauración;[5][6] anos despois ocupou de forma oficial a carteira durante os gobernos conservadores de Antonio Maura en 1907 e de Eduardo Dato en 1917.[3][5]
Morreu sobre as 2:30 AM do 23 de maio de 1921, no seu domicilio da rúa de Serrano 25, en Madrid.[7] O enterro tivo lugar ao día seguinte na Sacramental de San Isidro e a el acudiron personalidades como Antonio Maura, o Conde de Romanones, Valeriano Weyler, Joaquín Milans del Bosch, José Bascarán y Federic, o seu sobriño Miguel Primo de Rivera, Diego Arias de Miranda ou Manuel de Burgos e Mazo.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.