político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando García Agudín, nado na Coruña o 11 de xaneiro de 1935, é un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xaneiro de 1935 (89 anos) A Coruña, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
18 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986 Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 1982 en España | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1956, foi avogado do Estado dende 1961 e xefe da avogacía do Estado na Coruña dende 1978. Foi tenente de alcalde do concello da Coruña (1971-1974) e representante de Galicia na Xunta Democrática de España (1974-1975). Líder de Esquerda Democrática Galega durante a transición, fundou en xullo de 1976 o Partido Popular Galego ao unirse á Unión Democrática de Galicia, liderada por Xaime Illa Couto. Foi deputado pola UCD no Parlamento de Galicia pola Coruña na I lexislatura (1981-1985) e no Congreso na II lexislatura (1982-1986). Posteriormente integrouse en Coalición Galega da que foi elixido presidente no congreso de outubro de 1986[1]. O 11 de abril de 1987 como representante de Coalición Galega constituíu na Coruña a Coalición Progresista Galega, con José María Pardo Montero polo Partido Liberal e Enrique Marfany polo PDP.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.