From Wikipedia, the free encyclopedia
Federico Mayor Zaragoza, nado en Barcelona o 27 de xaneiro de 1934, é un bioquímico e político español, que foi director xeral da UNESCO entre 1987 e 1999.
Doutorouse en farmacia pola Universidade Complutense de Madrid en 1958. Nomeado catedrático de bioquímica na Facultade de Química da Universidade de Granada, universidade da que foi reitor entre 1968 e 1972, nese trasladouse a Madrid ao ser nomeado catedrático de bioquímica da Universidade Autónoma de Madrid.
Foi subsecretario de Educación e Ciencia do goberno español entre 1974 e 1975, na transición ingresou na UCD e foi deputado e Ministro de Educación e Ciencia no goberno de Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo (1981-1982) e deputado no Parlamento europeo (1987). En 1978 nomeado vicedirector xeral da UNESCO. Dende o 2000 dirixe a Fundación Cultura de Paz.
En 2009 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade Xaime I.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.