A Extraliga Eslovaca (en eslovaco: Slovenská Extraliga) é a máxima competición de hóckey sobre xeo en Eslovaquia. En 2009 figuraba na clasificación da IIHF como a quinta liga máis forte de Europa, e no 2012 foi cualificada por The Hockey News como a sexta mellor liga do mundo por detrás da NHL, a KHL, a SHL, a SM-liiga e a Extraliga Checa.[1]

Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Modelo:Competición deportivaExtraliga Eslovaca
Thumb Editar o valor en Wikidata
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederação Eslovaca de Hóquei no Gelo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEslovaquia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1993 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialtipsportextraliga.sk Editar o valor en Wikidata

Pechar

Estrutura da liga

Actualmente a Extraliga Eslovaca está formada por 10 equipos (xa que o HK Orange 20 non xoga todos os partidos) que disputan un total de 57 partidos durante a liga regular. Ao finalizar a liga regular os oito equipos mellor clasificados xogan os play-offs polo título, nos que todas as roldas son xogadas ao mellor de sete encontros. O equipo peor clasificado xoga o play-out para manter a categoría fronte ao campión da 1. liga (a segunda categoría do hóckey sobre xeo eslovaco).

Historia

A Extraliga Eslovaca ten as súas orixes na Liga Checoslovaca. A tempada 1993-94 foi a primeira tempada da competición trala separación administrativa de Checoslovaquia nas actuais repúblicas de Chequia e Eslovaquia o 1 de xaneiro de 1993.

Denominacións

O nome da liga é dado polo seu patrocinador e ten sufrido numerosos trocos ao longo da súa historia:

  • Dende a tempada 1993-94 ata a 1997-98: Extraliga
  • Ata a tempada 2000-01: West Extraliga
  • Na tempada 2001-02: Boss Extraliga
  • Entre a tempada 2002-03 e a 2004-05: ST Extraliga
  • Dende a tempada 2005-06 ata o 16 de xaneiro de 2007: T-Com Extraliga
  • Dende o 16 de xaneiro de 2007 ata a tempada 2011-12: Slovnaft Extraliga
  • Dende a tempada 2011-12: Tipsport extraliga, mentres que as series finais reciben o nome de Slovnaft-Play-Off

Equipos

Máis información Nome, Cidade ...
NomeCidadeEstadioCapacidadeFundaciónCampionatos
HC Košice Košice Steel Aréna8.37819626
HC ’05 Banská Bystrica Banská Bystrica Banská Bystrica Ice Stadium3.00019220
HK 36 Skalica Skalica Skalica Ice Stadium3.21419360
HK Dukla Trenčín Trenčín Pavol Demitra Ice Stadium6.15019623
HK Nitra Nitra Nitra Aréna5.35019310
HK Orange 20 Bratislava Vladimír Dzurilla Ice Stadium3.5002007-
HK Poprad Poprad Poprad Ice Stadium4.46419260
HKm Zvolen Zvolen Zvolen Ice Stadium7.03819272
MHC Mountfield Martin Martin Martin Ice Stadium4.20019320
MsHK Žilina Žilina Garmin Arena6.20019251
ŠHK 37 Piešťany Piešťany EASTON Aréna3.05019370
Pechar
  • NOTA: O HK Orange 20 é un proxecto de preparación para a selección júnior de Eslovaquia de cara ao Campionato do Mundo U20 da IIHF. O equipo non xoga todos os partidos da liga regular e non xoga os play-off de permanencia nin polo título.

Palmarés

Máis información Tempada, Campión ...
Tempada Campión Resultado Finalista 1º da liga regular
1993-94 Dukla Trenčín 3 - 2 HC Košice - Dukla Trenčín
1994-95 HC Košice 3 - 0 Dukla Trenčín - Dukla Trenčín
1995-96 HC Košice 4 - 1 Dukla Trenčín - HC Košice
1996-97 Dukla Trenčín 3 - 1 HC Košice - Dukla Trenčín
1997-98 HC Slovan Bratislava 3 - 2 HC Košice - HC Slovan Bratislava
1998-99 HC Košice 3 - 1 HC Slovan Bratislava - HC Slovan Bratislava
1999-00 HC Slovan Bratislava 3 - 2 HKm Zvolen - HC Slovan Bratislava
2000-01 HKm Zvolen 3 - 1 Dukla Trenčín - HKm Zvolen
2001-02 HC Slovan Bratislava 4 - 2 HKm Zvolen - HKm Zvolen
2002-03 HC Slovan Bratislava 4 - 0 HC Košice - HC Slovan Bratislava
2003-04 Dukla Trenčín 4 - 2 HKm Zvolen - Dukla Trenčín
2004-05 HC Slovan Bratislava 4 - 3 HKm Zvolen - HKm Zvolen
2005-06 MsHK Žilina 4 - 3 HK Poprad - HK Nitra
2006-07 HC Slovan Bratislava 4 - 0 Dukla Trenčín - HC Košice
2007-08 HC Slovan Bratislava 4 - 3 HC Košice - HC Slovan Bratislava
2008-09 HC Košice 4 - 2 HK 36 Skalica - HC Košice
2009-10 HC Košice 4 - 2 HC Slovan Bratislava - HC Slovan Bratislava
2010-11 HC Košice 4 - 1 HK Poprad - HC Košice
2011-12 HC Slovan Bratislava 4 - 3 HC Košice - HC Košice
2012-13 HKm Zvolen 4 - 1 HC Košice - HKm Zvolen
2013-14 -
Pechar

Notas

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.