lingüista alemán de orixe romanesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Eugen Coșeriu ou Eugenio Coseriu,[1] nado en Mihăileni (na actualidade pertencente a Moldova) o 27 de xullo de 1921 e finado en Tubinga (Alemaña) o 7 de setembro de 2002, foi un lingüista alemán de orixe romanesa. A súa contribución á historia da lingüística e revisión e interpretación de moitos conceptos tradicionais foi fundamental. É autor dunha importante obra teórica que afondou en moitos aspectos da linguaxe.
Doutor en filosofía e filoloxía, filólogo romanista. Cualificado por Mircea Borcilă (Universidade de Cluj) como:
O máis lúcido expoñente da cultura romanesa no plano universal do coñecemento humano.[2]
De gran formación filosófica, histórica, lingüística e clasicista, en 1940 e xa iniciados os seus estudos universitarios, Coseriu trasladouse a Roma, onde os terminou; once anos despois e ata 1958 foi profesor na Universidade de Montevideo e, dende 1963 ata a súa morte, foino na de Tubinga (Alemaña). Na súa dilatada carreira publicou moitos estudos e artigos, algúns deles recompilados en obras como Teoría del lenguaje y lingüística general ou Tradición y novedad en la ciencia del lenguaje. A súa obra é moi extensa e orixinal, aínda que nunca chegou a publicar un manifesto ou manual que sistematizase o seu pensamento e presentase a súa teoría lingüística como unha unidade; porén, si que se interesou pola sistematización do léxico e o ámbito da creatividade lingüística.
Coseriu figura tamén entre os filósofos que se aproximaron á linguaxe dende a lóxica, tratando de delimitar o que hai de particular, xeral e universal na mesma; ambición que empeza incluso con Aristóteles, pero que se materializa na lingüística contemporánea con Humboldt, Saussure e os lingüistas posteriores a eles.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.