Ferdinand de Saussure, nado en Xenebra o 26 de novembro de 1857 e morto no castelo de Vufflens-sur-Morges o 22 de febreiro de 1913, foi un lingüista suízo.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Thumb
Ferdinand de Saussure.

Traxectoria

Está considerado o fundador da lingüística moderna[Cómpre referencia]. No seu Cours de linguistique générale (1916) (Curso de lingüística xeral), publicado tras a súa morte polos seus alumnos, define certos conceptos fundamentais (distinción entre linguaxe, lingua e fala, entre sincronía e diacronía, carácter arbitrario do signo lingüístico etc.) que han inspirar non só a lingüística ulterior senón tamén outros sectores das ciencias humanas.

A partir das súas observacións sobre certos fenómenos do grego e o sánscrito nace o que se había de converter na teoría das laringais, tan importante no campo da indoeuropeística.

Ideas

  • Saussure distingue a linguaxe (facultade de utilizar unha lingua), a lingua (conxunto de signos utilizados por unha comunidade. Ex.: o galego, o francés, o inglés) e a fala (enunciados dun interlocutor nunha lingua dada).
  • Teoría do signo como asociación pola mente dun significante (imaxe mental, visual ou acústica dunha palabra) e dun significado (concepto, é dicir representación mental dunha cousa). (Ver signo lingüístico.)
  • A linguaxe recorta simultaneamente un significante na masa informe dos sons e un concepto na masa informe das percepcións.
  • A linguaxe ten unha dimensión sincrónica (relacións entre os signos nun momento dado) e unha dimensión diacrónica (evolución dos signos no curso do tempo).
  • Todo signo é definido por relación cos outros, por pura diferenza (negativamente) e non polas súas características propias ("positivas"): é o carácter estrutural da lingüística saussuriana. Esta idea está na orixe do estruturalismo e da filosofía de Derrida.
  • A relación entre o significante e o significado é arbitraria; iso é o que distingue o signo do símbolo (a balanza que simboliza a xustiza esta ligada conceptualmente a ela, contrariamente á palabra «gato» ligada a un animal felino que miaña).

Ferdinand de Saussure e a lingua galega

As edicións Laiovento publicaron no 2005 unha tradución de Xosé Manuel Sánchez Rei en galego do Curso de lingüística xeral. A publicación leva notas e un estudo introdutorio do tradutor. Neste estudo danse datos entre o curso de Saussure e a lingua e lingüística galegas.

  • Ferdinand de Saussure (2005). Curso de lingüística xeral. Ediciòns Laiovento. ISBN 84-8487-077-4.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.