![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/00/Estradiol.svg/langgl-640px-Estradiol.svg.png&w=640&q=50)
Estradiol
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O estradiol (E2 ou 17β-estradiol ou β-estradiol[1]) é unha hormona esteroide sexual feminina, que pertence ao grupo dos estróxenos, xunto co estriol e a estrona. O estradiol abréviase como E2, xa que ten dous grupos hidroxilo no seu anel D [2] (a estrona ou E1 ten un, e o estriol ou E3 ten 3). O estradiol é arredor de 10 a 12 veces máis potente que a estrona e arredor de 80 veces máis potente có estriol nos seus efectos estroxénicos. Os seus niveis sanguíneos son algo máis altos cós da estrona durante os anos reprodutivos da muller, agás na fase folicular inicial do ciclo menstrual. Por tanto, o estradiol é o estróxeno predominante durante os anos reprodutivos tanto nos niveis séricos absolutos coma tamén na actividade estroxénica. Durante a menopausa, a estrona é o estróxeno predominante, e durante o embarazo o estriol é o estróxeno predominante en termos de niveis séricos, aínda que a súa potencia estroxénica é pequena. O estradiol tamén está presente nos homes, nos que o encima aromatase o produce como un metabolito activo da testosterona. Os niveis de estradiol nos homes (8-40 pg/mL) son aproximadamente comparables aos dunha muller posmenopáusica. O estradiol "in vivo" non se pode converter en estrona; e está favorecida a conversión do estradiol en estrona. O estradiol non só ten un impacto crítico no funcionamento sexual e reprodutivo, senón que tamén afecta a outros órganos, como os ósos.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/00/Estradiol.svg/320px-Estradiol.svg.png)
Número CAS: 50-28-2.
Nome IUPAC: (17β)-estra-1,3,5(10)-triene-3,17-diol.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/43/Oestradiol-3D-balls.png/640px-Oestradiol-3D-balls.png)