Estetrol
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O estetrol (E4) é unha das catro hormonas esteroides estroxénicas naturais do ser humano, xunto coa estrona (E1), o estradiol (E2) e o estriol (E3), sendo o estetrol un importante estróxeno do corpo na etapa fetal.[1][2] En contraste coa estrona e o estradiol, o estetrol é un estróxeno nativo da vida fetal. O estetrol prodúcese exclusivamente no fígado do feto[1] e encóntrase en niveis detectables só durante o embarazo, con niveis relativamente altos no feto e niveis menores na circulación materna.[1][2]
Estetrol | |
---|---|
Outros nomes E4 ; | |
Identificadores | |
Número CAS | 15183-37-6 |
PubChem | 27125 |
UNII | ENB39R14VF |
KEGG | D11513 |
ChEBI | CHEBI:142773 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C18H24O4 |
Masa molar | 304,38 g mol−1 |
Solubilidade en auga | 1,38 mg/mL |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Ademais do seu papel fisiolóxico como hormona nativa, pode utilizarse como medicamento (estetrol (medicamento)). O estetrol, en combinación coa drospirenona, foi aprobado recentemente como novo compoñente estroxénico de anticonceptivo oral combinado e o estetrol por si só está en desenvolvemento clínico para o tratamento de síntomas menopáusicos así como dos cancros de mama e próstata.