remate permanente da menstruación From Wikipedia, the free encyclopedia
A menopausa[1] (do grego: mens, que significa "mensualmente", e pausi, que significa "cesamento") defínese como o remate permanente da menstruación e ten correlacións fisiolóxicas, coa declinación da secreción de estróxenos por perda da función folicular. Este termo confúndese a miúdo co climaterio, e de feito, segundo o Dicionario da Real Academia Galega, unha das acepcións do termo é precisamente a do «climaterio feminino».[2]
Menopausa | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
ICD-10 | N95.0 |
ICD-9 | 627.2 |
DiseasesDB | 8034 |
MedlinePlus | 000894 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A idade media dunha muller que está tendo o derradeiro período, a menopausa, é 51,4 anos.[3] Este derradeiro sangrado é precedido polo climaterio, que é a fase de transición entre a etapa reprodutiva e non reprodutiva da muller. Este proceso comeza varios anos antes do último período, cando o ciclo (ou período menstrual) comeza a ser menos regular. A diminución nos niveis das hormonas estróxeno e proxesterona causa cambios na súa menstruación. Estas hormonas son importantes para manter en bo estado de saúde a vaxina e o útero, o mesmo que para os ciclos menstruais normais e para un embarazo. O estróxeno tamén axuda á boa saúde dos ósos e a que as mulleres manteñan un bo nivel de colesterol no sangue.
Algúns tipos de cirurxía ou o uso de medicamentos anticonceptivos poden producir a menopausa. Por exemplo, extirpar o útero (histerectomía) provoca o cesamento da menstruación. Cando se extirpan ámbolos ovarios (ooforectomía), os síntomas da menopausa comezan de súpeto, sen importar a idade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.