familia de aves acuáticas From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos estérnidos,[1] (Sternidae) é unha familia de aves mariñas da orde dos caradriformes e suborde dos laros, que comprede numerosas especies coñecidas vulgarmente en galego como carráns,[1][2] e outras semellantes.
Estérnidos Sternidae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Carrán ártico (Sterna paradisaea) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
|
A familia foi descrita en 1838 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte.
O nome científico Sternidae está formado, como é a norma, sobre a base do nome do se xénero tipo, Sterna, engadíndolle o sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais.
Diversos autores consideran actualmente (2019) á familia como unha subfamilia, a dos esterninos (Sterninae), da familia dos láridos.[3][4][5]
A orde dos caradriformes contén 18 familias de aves mariñas e limícolas. Dentro desta orde, os estérnidos forman unha liñaxe coas gaivotas e, de forma menos achegada, cos merdeiros ou papamerdas e os araos.[6][7] Os primeiros autores, como Conrad Gessner, Francis Willughby e William Turner, non separaron claramente aos carráns das gaivotas,[8] pero Linneo recoñeceu a súa distinción na 10ª edición do seu Systema Naturae (1758), colocando ás gaivotas no xénero Larus e aos carráns en Sterna. Deu para Sterna a descrición de rostrum subulatum, "bico de punzón", refiríndose aos bicos longos e afiados deste grupo de aves, característica que o distingue das gaivotas, que eñen o bico máis groso.[9][10][11] A morfoloxía e conduta dos carráns suxire que estes están relacionados máis cercanamente coas gaviotas que cos papamerdas e, aínda que Charles Lucien Bonaparte creara a familia Sternidae para os carráns en 1838, durante moitos aos consideráronse unha subfamilia, Sterninae, da familia das gaivotas, Laridae. As relacions entre varias das especies de carráns e outros caradriformes adoitaban ser difíciles de esclarecer, debido a un rexistro fósil pobre e á incorrecta identificación dalgúns descubrimentos.[12][13]
Despois dunha nova investigación xenética realizada a principios do século XXI, os carráns comezaron a tratarse como unha familia separada: Sternidae.[14][15] A maioría dos carráns tratábanse como un gran xénero, Sterna, con soamente algunhas especies colocadas noutros xéneros; xa en 1959, unicamente as especies de Anous e Larosterna inca excluíanse de Sterna.[16][17] Unha análise recente de secuencias de ADN deu base á división de Sterna en varios xéneros máis pequenos.[17][18] Un estudo de partes do citocromo b demostrou unha relación achegada entre os carráns e un grupo de aves limícolas dea suborde Thinocori.[19] Estes resultados opónense a outros estudos moleculares e morfolóxicos que poden ser interpretados como mostra dun alto grao de converxencia evolutiva entre os carráns e estas aves limícolas ou a retención dun xenotipo antigo.[14]
A palabra "stearn" era utilizada para estas aves en idioma anglosaxón desde o século VIII e aparece no poema O navegante, escrito no século IX ou antes. Variantes como "tearn" apareceron ao redor do século XIs.[8] Actualmente o vocábulo utiliízase tanto para o carrán común como para as especies mariñas.[20][21] Algunhas autoridades consideran que "tearn" e formas similares son variantes de "stearn",[8] mentraes que otraos establecen que as palabras derivan de voces inglesas para equivalentes escandinavos como terne do danés, tärna do sueco ou terna do noruegués e, finalmente, do nórdico antigo þerna.[22][23] Linneo adoptou "stearn" ou "sterna" (voces que foran utilizadas polo naturalista William Turner en 1544 como unha latinización dunha palabra inglesa, posibemente "stern"),[22][24] ou un equivalente do xermánico do norte para o nome do seu xénero Sterna.[25]
Segundo o ornitólogo e taxónomo Alan P. Peterson, a familia dos estérnidos (ou, máis espcificamente, a subfamilia dos esterninos) comprende os 12 xéneros seguintes:[3]
Nota: moitos autores propuxeron que Anous e Procelsterna se fusiionases nun só xñenero, Anous, e que Procelsterna se considere como un sinónimo junior.[26]
O seguinte cladograma mostra as relacións filoxenéticas entre os xéneros dos estérnidos. Baséase en estudos do ADN mitocondrial efectuados por Bridge et al. en 2005.[27]
Sternidae |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nel pódese ver que está excluído o xénero Procelsterna
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.