From Wikipedia, the free encyclopedia
O carrán ártico,[2] de nome científico Sterna paradisaea Pontoppidan, 1763,[1] é unha ave mariña da familia dos estérnidos. Esta ave ten unha distribución circumpolar; cría en colonias no Ártico e en rexións subárticas de Europa, Asia e Norteamérica, (cun límite meridional na Bretaña ou Massachusetts). Esta especie é unha gran migradora, e vese sometida a dous veráns por ano cando migra dos seus terreos de cría boreais até os océanos próximos á Antártida, e durante o seu regreso (uns 38.600 km) cada ano. Trátase da migración regular máis longa de todos os animais coñecidos.[3]
Carrán ártico Sterna paradisaea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dous carráns árticos, un cun peixe no peteiro | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Sterna paradisaea Pontoppidan, 1763[1] | |||||||||||||||
Aniñamento (vermello), invernación (azul) e rutas de migración (verde) |
Os carráns árticos son aves de tamaño mediano. Miden entre 33 e 39 centímetros de longo e teñen unha envergadura de 76–85 cm. As súas plumas son principalmente grises e brancas, cunhas patas vermellas e un peteiro tamén vermello, tan longo coma a testa, recto, cunha unión pronunciada das ramas mandibulares; ten unha fronte branca, unha caluga e píleos negros con raias brancas, e unhas fazulas brancas. O manto gris mide 305 mm, e as escápulas son marróns, con algunhas puntas brancas. A parte superior das ás é gris co bordo de cor branca, e o pescozo é completamente branco, ao igual co lombo. A cola, notablemente bifurcada, é esbrancuxada con algunhas plumas grises á parte exterior. A parte posterior do píleo ata os orificios auditivos é negra.[3][4]
Os carráns árticos son aves de gran lonxevidade e moitos chegan aos vinte anos de idade. Aliméntanse principalmente de peixes e pequenos invertebrados mariños. Esta especie é abondosa, e estímase que existe un millón de exemplares. Aínda cando, en xeral, non se coñece a evolución das súas poboacións, a explotación que sufriu no pasado reduciu a abondosidade deste ave especialmente con respecto á súa distribución nas zonas máis meridionais.[3]
O carrán ártico ten unha distribución circumpolar e continua; non se recoñecen subespecies. Pódeselle atopar en rexións costeiras das partes temperás frías de Norteamérica e Eurasia durante o verán setentrional. Mentres inverna no verán meridional, pódeselle atopar no mar, chegando ao bordo sur do xeo antártico.[5] A distribución da especie cobre unha superficie de aproximadamente dous millóns de km2.[1]
O carrán ártico é célebre pola súa migración; voa dende a súa área de cría no Ártico até a Tierra del Fuego, e despois volta, unha vez ao ano.[6] Esta viaxe de 19.000 km por traxecto expón á ave a dous veráns por ano, polo tanto, a máis luz do día que calquera outra criatura do planeta.[7] Un carrán ártico típico viaxará ao longo da súa vida unha distancia equivalente á de ir e volver da Lúa (uns 800.000 km).[8] Un exemplo da grande capacidade de voo desta ave por cubrir longas distancias é o dun carrán ártico que foi anelado cando aínda non emplumara, nas illas Farne de Northumberland (Reino Unido) no verán de 1982, e que chegou a Melbourne (Australia), no mes de outubro do mesmo ano; unha viaxe sobre o mar de máis de 22.000 km só tres meses despois de emplumar.[9][10] Outro exemplo é o dun pito anelado no Labrador (Canadá) o 23 de xullo del 1928. Foi atopado en Suráfrica catro meses máis tarde.[11]
Os carráns árticos adoitan comezar a súa fazaña migratoria cando o día se torna máis curto en dirección ao círculo polar antártico onde os días se comezan a alongar,[12] voando a unha grande distancia da costa.[3] Polo tanto, fóra da época de apareamento só raramente poden verse dende terra firme.[13]
En certos estados os carráns árticos son considerados especies ameazadas ou vulnerables. Tamén son unha das especies incluídas no AEWA.[14] A especie entrou en declive a Nova Inglaterra a finais do século XIX debido á caza promovida pola industria téxtil.[15] Actualmente continúase explotando ao oeste de Groenlandia, onde a especie vén minguando en poboación dende a década de 1950.[16]
Na zona máis meridional da súa área de distribución, as poboaciones de carrán ártico atópanse en regresión. Gran parte disto débese á falla de alimentos.[17] Malia isto, a distribución destes paxaros espállase por zonas moi afastadas, e non semella haber ningunha tendencia de mingua na poboación global.[18]
Dende o ano 1988, a Birdlife International catalogou a especie nun nivel de risco baixo, e estímas que a súa poboación mundial é de aproximadamente un millón de individuos.[1]
O carrán ártico aparece en selos de varios países e dependencias. Son exemplos de dependencias as illas Åland, Alderney e mailas illas Feroe. Entre os países, hai selos propios do Canadá, Finlandia, Islandia e Cuba.[19]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.