From Wikipedia, the free encyclopedia
Espazo Común (ESCO) é un partido político galego de centro-esquerda, fundado polo exsecretario xeral do PSdeG-PSOE e exalcalde do Carballiño Pachi Vázquez.
Espazo Común | |
---|---|
Partido político de Galiza | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Pachi Vázquez Francisco Fraga Civeira |
Historia | |
Fundación | 2019 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Centro-esquerda galeguismo Socialdemocracia Constitucionalismo |
Representación | |
Representación | Municipais de 2023 13 / 3.721 |
Na rede | |
Espazo Común foi presentado o 28 de febreiro de 2019 por Pachi Vázquez e outros antigos militantes socialistas da provincia de Ourense como "movemento cidadán de acción política de ámbito galego, e socialdemócrata, galeguista, constitucionalista e progresista"[1], tendo como reto máis inmediato a presentación de candidaturas nas eleccións municipais do mes de maio.
Nestes comicios Espazo Común concorreu en diversos municipios da provincia de Ourense mais no concello coruñés de Tordoia, nutríndose de exintegrantes do PSdeG. Obtivo un total de 10 concelleiros, 9 na provincia de Ourense e 1 na provincia da Coruña. Os mellores resultados conseguiunos en Piñor, onde concorría o exalcalde socialista Francisco Fraga Civeira que logrou 3 edís e un 35% dos votos, se ben non recuperou a alcaldía dado que o PPdeG logrou maioría absoluta. Outra praza en que Espazo Común obtivo un bo resultado foi o Carballiño, onde a candidatura encabezada polo propio líder Pachi Vázquez conseguiu 3 concelleiros e 18% dos votos, se ben non foi determinante dado que o PSdeG recuperou a maioría absoluta. Outras localidades en que lograron representación, neste caso cun só edil, foron Amoeiro, Maceda, Carballeda de Valdeorras e Tordoia.
Espazo Común concorreu ás eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 en coalición con Recortes Cero e Os Verdes na provincia de Ourense[2][3]. A candidatura encabezouna Francisco Fraga Civeira[4] e logrou un discreto 0,54% dos votos nesta circunscrición.
Para as eleccións municipais de 2023 a formación presentou máis candidaturas e espallouse máis aló de Ourense, conseguindo novos integrantes exsocialistas en Santa Comba[5] e Mazaricos[6] e de Ciudadanos na cidade de Pontevedra.[7] Tamén apostou pola coordinación co Partido Galego e a formación lucense Galicia Sempre, encabezada polo alcalde exsocialista de Becerreá Manuel Martínez Núñez. Finalmente, acadou 13 concelleiros en toda Galicia (entre eles, 5 no Carballiño, 1 en Ames, 1 na Guarda) 3 máis ca nas eleccións de 2019,[8] e conseguiron entrar no goberno municipal da Guarda tras pactar co PP.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.