From Wikipedia, the free encyclopedia
A esclerose múltiple é unha enfermidade desmielinizante do sistema nervioso central, de orixe inmunitaria-inflamatoria. A enfermidade consiste na destrución do recubrimento de mielina dos tecidos neuronais, xerando grandes placas desmielinizantes.
Esclerose múltiple | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
ICD-10 | G35 |
ICD-9 | 340 |
OMIM | 126200 |
DiseasesDB | 8412 |
MedlinePlus | 000737 |
eMedicine | neuro/228 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
As causas da enfermidade son parciamente descoñecidas, pero hoxe sábese que hai unha alteración inmunitaria que produce a destrución da mielina. Existen determinados alelos xenéticos que predispoñen a sufrir a enfermidade, como son o DQ2 e outros. O resultado final é a activación inapropiada de linfocitos T, macrófagos e outras células inmunes. Nos pacientes afectos de esclerose múltiple atópanse no líquido cefalorraquídeo niveis elevados de substancias inflamatorias, coma diversas interleucinas. No LCR áchase ademais unha cantidade elevada de proteínas oligoclonais.
Certos estudos investigan o papel da vitamina D na xénese da enfermidade, xa que esta vitamina ten relacións co funcionamento do sistema inmunitario. Ademais, a esclerose múltiple é máis común en países do Norte de Europa e en Norteamérica, lugares con menos horas de luz e polo tanto menos niveis de vitamina D[1].
Outros estudos suxiren a posible implicación de certos virus coma causantes desta patoloxía, coma o virus Epstein Barr.
A esclerose múltiple é unha enfermidade que pode producir síntomas moi diversos, debido a que afecta difusamente a todo o sistema nervioso central. Durante os gromos agudos da enfermidade aparecen déficits motores graves, que poden afectar a calquera grupo muscular, déficits oftalmolóxicos (neurite óptica), alteracións sensoriais e outros. Nos períodos intercrise tamén pode haber signos e síntomas continuos:
A maiores pode haber síntomas derivados doutras enfermidades autoinmunes.
O diagnóstico da enfermidade é clínico, xa que non existen probas analíticas ou radiolóxicas patognomónicas.
O diagnóstico final establécese pola combinación de varios elementos.
Existen diversas liñas de tratamento actual, cuxo fin é frear a progresión da enfermidade, e outras destinadas a controlar os síntomas. As seguintes liñas de tratamento son as máis empregadas:
De cara aos síntomas poden ser administrados:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.