From Wikipedia, the free encyclopedia
Ermengarda de Tours[1], nada en Alsacia en 804 e finada o 20 de marzo de 851, foi unha emperatriz carolinxia de Occidente, esposa de Lotario I. Era filla do conde Hugo de Tours e da Alta Alsacia (m. 837) e de Ava. En 821 casou con Lotario I (fillo de Lois o Piadoso ) en Thionville (en alemán: Diedenhoffen).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 804 valor descoñecido |
Morte | 20 de marzo de 851 (46/47 anos) Erstein, Francia |
Enaltecemento | |
Outro | |
Título | Emperador de occidente Raíña dos francos Emperatriz Raíña consorte |
Familia | Etichonids (en) |
Cónxuxe | Lotario I |
Fillos | Rotrude, (Ermengarda), Berta, Lois II o Mozo, Iltruda, Gisla, Lotário II da Lotaríngia, Carlos da Provença |
Pais | Hugo III de Tours e Ava de Morvois |
Irmáns | Adelaide de Tours Berta de Tours |
Crese que pasou a súa mocidade no mosteiro de Sainte-Julie en Bressanone (antiga Brixen) onde se educou e foi elixida abadesa sucedendo á falecida Amalperga. Lotario pediuna en matrimonio despois 817 e casaron o 15 de outubro de 821 en Thionville en presenza de 31 bispos, entre eles Adeloc de Estrasburgo. Lotario concedeulle o protectorado da abadía de Brixen. A súa vida viu os incidentes que marcaron o ascenso de Lotario ao imperio en 833 e a súa submisión en 834, o divorcio seguido dun segundo matrimonio con Waldrada do seu fillo Lotario II e o rapto da súa filla Ermengarda polo conde Xisleberto de Maasgau en 846. Pouco a pouco influíu no seu marido que moderou o seu carácter e está detrás de varios diplomas de doazóns feitos por Lotario I.
En 836 recibiu do seu tío paterno Leutgard de Sundgau extensas terras en Alsacia, incluíndo Échery onde tería construído un santuario, pero os Annales de Saint Bertin e a Carta de Vézelay só apuntan a que o seu pai Hugo de Tours foi o construtor dos santuarios de Echéry; o santuario foi cedido por Ermengarda, co acordo do seu marido, ao abade de Gorze[2]. En 849 Ermengarda fundou a abadía de Erstein en terreos cedidos polo seu marido, fundación que figura nun diploma conservado asinado polo papa León IV, e retirouse a este mosteiro onde morreu o Venres Santo 20 de marzo de 851.
Tivo varios fillos con Lotario pero os historiadores non están de acordo co seu número. Os nenos que nomeados son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.