![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/89/%25D0%25A1%25D0%25B0%25D0%25BB%25D0%25B0%25D1%2582_%25D0%259E%25D0%25BB%25D0%25B8%25D0%25B2%25D1%258C%25D0%25B5_03.jpg/640px-%25D0%25A1%25D0%25B0%25D0%25BB%25D0%25B0%25D1%2582_%25D0%259E%25D0%25BB%25D0%25B8%25D0%25B2%25D1%258C%25D0%25B5_03.jpg&w=640&q=50)
Ensalada rusa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A ensalada rusa é un prato frío elaborado con patacas que pode combinarse con verduras, atún ou polo, todo adubado con maionesa. Como o seu nome indica é típico de Rusia, mais tense popularizado en moitas cociñas coma a española e tamén a galega. Coñécese tamén coma Ensalada Olivier. Segundo conta a súa historia, disque a receita orixinal foi elaborada, en 1860, por Lucien Olivier Guillerminav, o chef do restaurante Hermitage, moi coñecido daquela en Moscova.
Datos rápidos
Ensalada rusa | |
![]() | |
Outros nomes | Ensalada de olivas Ensalada Olivier |
Tipo | Ensalada |
Orixe | ![]() |
Ingredientes | |
Orixe animal | Ovo Xamón Polo Atún |
Orixe vexetal | Oliva Pataca Cenoria Espárrago Cogombro Millo doce Chícharos |
Condimentos | Maionesa |
Pechar