![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6a/Ensalada.jpg/640px-Ensalada.jpg&w=640&q=50)
Ensalada
prato frío baseado en vexetais fríos que admite combinacións / From Wikipedia, the free encyclopedia
A ensalada é a denominación xenérica dun conxunto de pratos fríos baseados nos vexetais fríos, pero admite combinacións, preparacións, presentacións e temperaturas moi diversas. Malia non ser un prato tradicional galego, si no mediterráneo, hoxe en día é frecuente. A máis común en Galicia combina leituga e tomate (con cebola se se gusta dela) aderezados principalmente con sal, aceite e vinagre (que pode ser substituído por limón). Adoita ser tomada como entrante ou como gornición do prato principal. Tamén pode constituír por si mesma o prato principal.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6a/Ensalada.jpg/640px-Ensalada.jpg)