From Wikipedia, the free encyclopedia
A enerxía solar é a enerxía obtida do Sol. A radiación solar incidente na Terra pode aproveitarse, pola súa capacidade para quentar, ou directamente, a través do aproveitamento da radiación en dispositivos ópticos ou doutro tipo. É un tipo de enerxía renovable e limpa, o que se coñece como enerxía verde.
A potencia da radiación varía segundo o momento do día, as condicións atmosféricas que a amortecen e a latitude. Pódese asumir que en boas condicións de irradiación o valor é aproximadamente de 1000 W/m² na superficie terrestre. Esta potencia coñécese como irradiancia.
A radiación é aproveitable nos seus compoñentes directa e difusa, o na suma das dúas. A radiación directa é a que chega directamente do foco solar, sen reflexións ou refraccións intermedias. A difusa é a emitida pola bóveda celeste diúrna grazas ós múltiples fenómenos de reflexión e refracción solar na atmosfera, nas nubes e no resto de elementos atmosféricos e terrestres. A radiación directa pode reflectirse e concentrarse para a súa utilización, mentres que non é posible concentrar a luz difusa que provén de tódalas direccións.
A irradiancia directa normal (ou perpendicular ós raios solares) fora da atmosfera, recibe o nome de constante solar e ten un valor medio de 1354 W/m² (que corresponde a un valor máximo no perihelio de 1395 W/m² e un valor mínimo no afelio de 1308 W/m².)
Segundo os informes de Greenpeace, a fotovoltaica podería subministrar electricidade a dous terzos da poboación mundial no 2030.
Clasificación por tecnoloxías e a súa correspondente uso mais xeral:
Outros usos da enerxía solar e exemplos mais prácticos das súas aplicacións:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.