Evaporación
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A evaporación é un proceso físico que consiste no paso lento e gradual dun estado líquido cara a un estado gasoso, tras adquirir suficiente enerxía para vencer a tensión superficial. A diferenza da ebulición, a evaporación pódese producir a calquera temperatura, sendo máis rápida canto máis elevada sexa esta. Non é necesario que toda a masa alcance o punto de ebulición. Cando existe un espazo libre encima dun líquido, unha parte das súas moléculas está en forma gasosa, ao equilibrarse, a cantidade de materia gasosa defínese como a presión de vapor saturante, a cal non depende do volume, pero varía segundo a natureza do líquido e a temperatura. Se a cantidade de gas é inferior á presión do vapor saturante, unha parte das moléculas pasan da fase líquida á gasosa: iso é a evaporación. Cando a presión de vapor iguala á atmosférica, prodúcese a ebulición.[1] En hidroloxía, a evaporación é unha das variables hidrolóxicas importantes ao momento de establecer o balance hídrico dunha determinada conca hidrográfica ou parte desta. Neste caso, débese distinguir entre a evaporación desde superficies libres e a evaporación desde o chan. A evaporación de auga é importante e indispensable na vida, xa que o vapor de auga, ao condensarse transfórmase en nubes e volve en forma de chuvia, neve, néboa ou resío.
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Vista como unha operación unitaria, a evaporación é utilizada para eliminar o vapor formado por ebulición dunha solución ou suspensión líquida.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.