político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Emilio Higuero Cardoso, nado en Arzádegos (Vilardevós) o 28 de xaneiro de 1930[1] e finado en Lobeira o 10 de abril de 2024, foi un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xaneiro de 1930 Arzádegos, España |
Morte | 10 de abril de 2024 (94 anos) Lobeira, España |
Alcalde de Lobeira | |
1983 – 1991 – Manuel Recarey García → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Lobeira |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Formouse no colexio da Garda Civil de Valdemoro. Emigrou ao Brasil e Suíza e ao retornar a Galicia instalouse en Lobeira.
Iniciouse na actividade política nas eleccións municipais de 1983 cando foi elixido alcalde de Lobeira por Coalición Galega con maioría simple. Volveu ser elixido alcalde nas municipais de 1987 pola coalición de Alianza Popular e Centristas de Galicia, nesta ocasión con maioría absoluta. En outubro de 1987 foi condenado pola Audiencia provincial de Ourense por un delito de denegación de auxilio, a catro meses de suspensión de cargo público e 30.000 pesetas de multa.[2]. Unha vez firme, para cumprila non puido concorrer ás municipais de 1991. En 1995 si puido presentarse e foi elixido alcalde con maioría absoluta á fronte do PPdeG. Mantivo a alcaldía con maioría absoluta ata as municipais de 2011, cando logrou maioría simple. Conservou a alcaldía como cabeza da lista máis votada, ao fracasar un pacto entre Xuntos Por Lobeira (escisión do PP) e o BNG.[3]. Nas municipais de 2015 o PPdeG excluíuno da súa candidatura, polo que encabezou a formación independente Agrupación Cidadáns de Lobeira. Á fronte desta formación consigueu tan só un concelleiro, logrando o PPdeG a maioría absoluta co seu novo candidato Antonio Iglesias. Finou en Lobeira o 10 de abril de 2024.[4]
Predecesor: Manuel González Álvarez |
Alcalde de Lobeira 1983 - 1991 |
Sucesor: Manuel Recarey García |
Predecesor: Manuel Recarey García |
Alcalde de Lobeira 1995 - 2015 |
Sucesor: Antonio Iglesias Álvarez |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.