nobre polaca From Wikipedia, the free encyclopedia
Condesa Emilia Plater (Broel-Plater, en lituano: Emilija Pliaterytė), nada o 13 de novembro de 1806 en Vilnius e finada o 23 de decembro de 1831, foi unha revolucionaria e nobre polaca[1][2][3] das terras divididas da República das Dúas Nacións. Criada na tradición patriótica polaca, loitou no Levantamento de Novembro de 1830 e encabezou unha pequena unidade coa que participou en varios enfrontamentos. Recibiu o rango de capitán das forzas insurxentes polacas. Preto do final do levantamento caeu enferma e morreu.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1806 Vilnius, Lituania |
Morte | 23 de decembro de 1831 (25 anos) Vainežeris, Lituania (en) |
Causa da morte | doenza |
Lugar de sepultura | Kapčiamiestis (en) |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Período de actividade | 1830 - |
Carreira militar | |
Rango militar | capitán |
Conflito | Levante de Novembro (pt) |
Familia | |
Familia | Plater |
Pais | Franciszek Ksawery Plater e Anna Mohl |
Descrito pola fonte | Polish Biographical Dictionary (en) |
Aínda que non participou en ningunha gran batalla, a súa historia fíxose moi coñecida e inspirou numerosas obras de arte e de literatura. É unha heroína nacional en Polonia e Lituania, xa que ambas formaban parte da República das Dúas Nacións. Foi venerada tamén polos artistas polacos e por todo o país como un símbolo das mulleres loitando pola causa nacional.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.