Elviña, A Coruña
parroquia civil do concello da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
San Vicenzo de Elviña[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta cunha poboación de 15.255 habitantes (7.569 homes e 7.686 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en 259 habitantes en relación ao ano anterior. A parroquia de Elviña pertenceu ao antigo concello de Oza ata 1912, data na que o devandito foi anexionado polo concello da Coruña.
Elviña | |
---|---|
Concello | A Coruña[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°20′02″N 8°24′16″O |
Área | 14,24 km² |
Poboación | 15.255 hab. (2014) |
Densidade | 1.071,28 hab./km² |
Entidades de poboación | 20[2][1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia atópase o Castro de Elviña. Nesta parroquia tivo lugar a batalla de Elviña no curso da Guerra da Independencia Española.
Trala aprobación da Constitución española de 1812 e a creación dos concellos constitucionais, a parroquia de San Vicenzo de Elviña integrouse no concello de Oza xunto ás parroquias de San Cristovo das Viñas, San Pedro de Visma e Santa María de Oza. En 1912, o concello da Coruña anexionou o concello de Oza, pasando Elviña a ser unha das cinco parroquias da Coruña.
En 1989, foi creada a Universidade da Coruña, sendo construídos os campus de Elviña (no lugar tradicionalmente coñecido como As Mariñas Douradas[3], nun terreo que xa se expropiara en 1963 para construír unha fábrica de fertilizantes[4]) e mais da Zapateira dentro dos límites da parroquia. Dende entón, a expansión do Campus de Elviña á custa das históricas localidades de Elviña e do Castro de Elviña, levantou as protestas dos veciños que teñen que facer fronte ás continuas expropiacións e á especulación urbanística[4][5][6]. A este problema únense as expropiacións do Parque Ofimático (Xuxán[7]) que xa destruíron lugares como As Cernadas e Galán e teñen proxectado derrubar parte da aldea de Elviña[8][9].
Para cantar e beilar,
as nenas da Pelengrina;
para beber a perrita,
as borrachonas de Elviña [10].
Ademais do Castro de Elviña e a igrexa de San Vicenzo de Elviña, consérvanse en Elviña dous hórreos centenarios de estilo Visma en bo estado, entre eles o da desaparecida reitoral de San Vicenzo de Elviña sobre a que se levantou o colexio das Franciscanas, que é un dos maiores da comarca, con 15×3,20 metros.[11]
Lugares da parroquia de Elviña no concello da Coruña | |
---|---|
Aguaceiros | Carracedo | O Castro de Elviña | Elviña | O Escorial | Feáns | A Felga | Fontaíña | O Lagar | Mesoiro | Palavea | Pasaxe ao Burgo | Pedralonga | Pedro Fernández | Penarredonda | Río de Quintas | Santa Xema | O Souto | Vío | A Zapateira |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.