numismática e historiadora alemá From Wikipedia, the free encyclopedia
Elisabeth Nau, nada o 3 de marzo de 1916 e finada o 16 de xaneiro de 2010 en Stuttgart, foi unha historiadora e numismática alemá.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1916 |
Morte | 16 de xaneiro de 2010 (94 anos) Stuttgart Alemaña |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemá. |
Educación | Universidade de Múnic. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | historiador da arte , museóloga , numismático , executiva |
Empregador | Landesmuseum Württemberg |
Lingua | Lingua alemá |
Premios | |
(1981): Premio da GIG. |
Elisabeth Nau acadou o seu doutoramento en 1943 na Universidade de Múnic cunha tese acerca do pazo e os xardíns de Hohenheim, publicada posteriormente, en 1943 e 1967.[3]
Entre 1949 e 1981 dirixiu o gabinete numismático do Museo Estatal de Württemberg, en Stuttgart.[2] De 1967 a 1981 foi a presidenta da Asociación de Estudos de Moedas de Württemberg, e nese último ano foi nomeada presidenta honoraria.[4]
En 1962 a medallista de Stuttgart Angelika Wetzel (1934-2011) creou unha medalla na memoria de Elisabeth Nau.[2]
Elisabeth Nau foi autora dun bo número de artigos en revistas especializadas e tamén dalgúns traballos monográficos; entre estes, o seu estudo sobre a moeda das cidades da Alta Suabia (1964) e o seu ensaio sobre o medallista do século XVIII Lorenz Natter (1966) seguen a considerarse referencias no seu ámbito.[6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.