político e ensaísta galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Eduardo Gutiérrez Fernández, nado en Ribadeo o 3 de febreiro de 1948, é un político e ensaísta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1948 (76 anos) Ribadeo, España |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
1997 – 2005 Circunscrición electoral: Provincia de Lugo | |
Alcalde de Ribadeo | |
1987 – 1995 ← José Luis Trashorras Méndez – José Carlos Rodríguez Andina → | |
Actividade | |
Ocupación | político, historiador, profesor de ensino secundario, escritor |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Fundou e presidiu a Agrupación Cultural Francisco Lanza[1].
Profesor de historia e historiador, militante do BNG, foi concelleiro en Ribadeo dende 1983. Foi ademais alcalde entre 1987 e 1995, realizándose durante o seu mandato a piscina municipal ou a restauración do Forte de San Damián. Despois de ser deputado provincial (1995-1997) e deputado no Parlamento de Galicia pola circunscrición de Lugo (1997[2]-2001[3], rematando no 2005) sempre polo BNG. A raíz da sucesión de Xosé Manuel Beiras Torrado por Anxo Quintana na cabeza do BNG, abandonou esta formación. En 2010 anunciou a súa candidatura á alcaldía de Ribadeo encabezando a lista do PSdeG-PSOE[4], sendo concelleiro por dita formación en 2011-2015.
O 30 de maio de 2016 o pleno extraordinario do concello concedeulle por unanimidade o título de cronista oficial de Ribadeo, recibido en acto celebrado o 23 de xullo[5]. É autor dos textos ilustrativos das placas de Sargadelos no rueiro ribadense.[6] Ademais, publicou ducias de artigos en prensa, en particular en La Comarca del Eo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.