Ecuarunari
movemento indíxena ecuatoriano / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Confederación de Pobos da Nacionalidade Kichwa de Ecuador (Ecuarunari) (en kichwa: Ecuador Kichwa Llaktakunapak Jatun Tantanakuy), é unha organización indíxena ecuatoriana. Fundouse o 6 de xuño de 1972[1] en Tepeyac, na provincia de Chimborazo. Está conformada por varias organizacións filiais, as mesmas que pertencen aos diferentes pobos kichwas da rexión interandina de Ecuador.
Ecuarunari | |
---|---|
Acrónimo | Ecuarunari, Ecuarunari e Ecuarunari |
Tipo | Organización non gobernamental, organización social e organización paraugas |
Ideoloxía | indigenism, anti-neoliberalism, ecocentrismo, Plurinacionalismo, Soberanismo, antiimperialismo e Progresismo |
Campo de traballo | Dereitos indíxenas |
Área de operación | Rexión Serra |
Data de fundación | 6 de xuño de 1972 |
Sede | Quito |
País | Ecuador |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É a filial da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (Conaie), dende a súa fundación en 1986 e representa arredor do 45 % dos seus delegados, sendo o membro maioritario. A nivel internacional, forma parte da Coordinadora Andina de Organizacións Indíxenas (CAOI), unha rede de organizacións indíxenas andinas de Bolivia, Ecuador, Chile, Colombia e o Perú. A Ecuarunari é o principal representante social da poboación indíxena andina ecuatoriana, ademais exerce unha grande influencia sobre o Movemento de Unidade Plurinacional Pachakutik,[2] o cal é o seu representante político nos procesos electorais.