From Wikipedia, the free encyclopedia
O antiimperialismo[2] é unha posición política xurdida a finais do século XIX que se caracteriza por unha categórica oposición ó imperialismo. O pensamento antiimperialista está estreitamente vinculado ó cuestionamento dos mecanismos de dependencia neocolonial caracterizados por mecanismos de suxeición económicos e financeiros, así como os chamados procesos de liberación nacional.
Aínda sen usar o termo «imperialismo» ou «antiimperialismo», o pensamento antiimperialista tivo as súas primeiras manifestacións a finais do século XIX cando, co auxe do comercio e as finanzas internacionais, quedou en evidencia que existían novos mecanismos de dominación que non implicaban necesariamente as clásicas conquistas de anexión imperiais.
Aínda que as primeiras protestas contra o colonialismo realizounas o utilitarista inglés Jeremy Bentham no seu manifesto Emancipade as vosas colonias. a primeira presenza dun pensamento antiimperialista rexístrase nos Estados Unidos impulsado polo escritor Mark Twain.[3][4] En 1898, Twain fundou a liga Antiimperialista dos Estados Unidos, con sede en Boston, inicialmente para combater a acción estadounidense na Guerra de Cuba, permanecendo até 1921.
En 1902, apareceu o libro de John A. Hobson Imperialismo: un estudo e en 1916, Lenin escribiu a súa soada obra O imperialismo, etapa superior do capitalismo, que difundiu en todo o mundo a noción.
Porén, existe unha diferenza profunda entre a noción de «imperialismo» tal como resulta das análises de Hobson e Lenin, do «antiimperialismo» como posición política. A idea de «antiimperialismo» pon o acento na chamada «cuestión nacional» e na necesidade de garantir ós pobos a posibilidade de desenvolverse de xeito autónomo a través do seu dereito de autodeterminación.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.