From Wikipedia, the free encyclopedia
A misión Lagrange é unha misión da Axencia Espacial Europea para levar dous satélites de observación solar, un deles ó punto de Lagrange L1 e outro ó L5.
Para asegurar unha capacidade efectiva de seguir eventos solares potencialmente perigosos (como tormentas xeomagnéticas, cunha probabilidade de 1,9% en 10 anos[1]), a ESA iniciou un estudo sobre dous futuros satélites meteorolóxicos espaciais.[2] O 2 de febreiro de 2018, a ESA asinou contratos tecnolóxicos (Fase A) liderados por Airbus UK e OHB SE de Alemaña para deseñar as especificacións da nave espacial e o proceso de integración dos instrumentos.[3] O Laboratorio Rutherford Appleton do Reino Unido e Mullard Space Science Laboratrix son os encargados de avaliar os requisitos da carga útil científica.
A misión propón o posicionamento de dúas naves espaciais en órbita nos puntos Lagranxianos L1 e L5, onde as forzas gravitacionais interactúan para crear unha situación estable para aforrar propelentes e para facer observacións. A L1 está entre Sol e Terra, polo tanto, as medicións na L1 proporcionan información sobre o clima espacial que chega cara á Terra. En contraste, o punto L5 proporciona un xeito de controlar as expulsións de masa coronal (CME) desde o "lado" para estimar a súa velocidade e dirección.[4]
O obxectivo xeral para situar o satélite nese punto é ter unha plataforma de aviso temperá da temperie espacial, en particular, para poder avisar de xeito eficaz cando unha tormenta solar pode impactar cara á Terra[5], permitindo así a protección das infraestruturas críticas.[6] O sol emite un fluxo continuo de partículas atómicas cargadas electricamente, mais tamén de xeito periódico lanza miles de millóns de toneladas de material a través de campos magnéticos en "expulsións de masa coronal" a grande escala, o que pode distorsionar o campo magnético terrestre e causar graves danos tanto a estruturas no espazo como na Terra. A ESA ten estimado que un único impacto grave podería causar, só en Europa, un dano estimado en 15 000 millóns de euros. De aí o pensar en situar unha nave observación nun lugar que permita ver a evolución da superficie solar xusto antes de que esa superficie cadre en dirección á Terra, o punto L5, é dicir, seguindo á Terra na súa órbita cun desfase angular de 60º
Paricularizando, os obxectivos son:
A misión forma parte do servizo da rede de temperie espacial da ESA (Space Weather Service Network).
As naves deberán transportar diferentes tipos de instrumentos de teledetección (ópticos, para a observación distante, e in situ, para a observación do propio contorno da nave), que aproveitan a experiencia das misións SOHO, STEREO e Solar Orbiter.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.