Dunkleosteus
xénero de peixes fósiles / From Wikipedia, the free encyclopedia
Dunkleosteus (do alemán: Dunkle «escuro» e do grego antigo: osteos «óso») é un xénero de peixes placodermos artródiros[2] que existiron a finais do período devoniano, dende hai preto de 380 até 360 millóns de anos, no Frasniense e Fameniense. Foron descritas algunhas especies e atopáronse numerosos fósiles en Norteamérica, Polonia, Bélxica e Marrocos.
Dunkleosteus Rango fósil: 380 Ma - 360 Ma | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cranio reconstruído, no Museo de Historia Natural de Viena. | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||
Dinichthys terrelli Newberry, 1873 | |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
D. terrelli (Newberry, 1873) (orixinalmente Dinichthys) | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
Ponerichthys Miller, 1892 |
Como outros diníctidos, os Dunkleosteus caracterizábase por ter unha cabeza acoirazada provista de mandíbulas con coitelas dentais pouco usuais. Aínda que outros placodermos rivalizaban con el en tamaño, Dunkleosteus é considerado un dos depredadores mariños máis feros e mortais que existiron. Con até seis metros de longo e unha tonelada de peso, este cazador estivo no cumio da cadea alimentaria do seu ambiente, e probablemente depredaba toda clase de fauna.
Novos estudos revelaron varios trazos tanto na súa alimentación e biomecánica como na súa ecoloxía e fisioloxía. Nas últimas décadas, Dunkleosteus logrou ser recoñecido na cultura popular, cunha gran cantidade de espécimes en exposición, e notables aparicións en medios de entretemento.