Dromaeosauridae
From Wikipedia, the free encyclopedia
Dromaeosauridae (gr. "lagartos corredores") é unha familia de dinosauros terópodos manirráptores, distinguida por carnívoros emplumados de pequenas a medianas proporcións, cuxas liñaxes iniciaron a partir do Xurásico Medio (fai 167 millóns de anos, no Batoniano)[1] para lograr subsistir até o Cretáceo Superior (fai 65,5 millóns de anos, no Maastrichtiano), existindo aproximadamente 100 millóns de anos. Os dromeosáuridos constan de fósiles achados en Norteamérica, Europa, África Setentrional, Xapón, China, Mongolia, Madagascar, Arxentina e a Antártida.
Dromaeosauridae Rango fósil: Xurásico medio - Cretáceo superior | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Deinonico | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Fósil | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
Ver o texto. |
O nome provén do grego δρομευς (dromeus) e σαυρος (sauros) que teñen como significado "corredor" e "lagarto" respectivamente. De maneira informal adoitan chamarse "ráptores" (a causa o Velociraptor), termo popularizado tralo filme Parque Xurásico.
Esta familia de dinosauros non avianos considérase a máis emparentada coas aves.