grupo de dinosauros From Wikipedia, the free encyclopedia
Theropoda (gr. "pé de besta"), terópodos en galego, é unha suborde de dinosauros saurisquios que viviron dende o Triásico superior até o Cretáceo superior (fai aproximadamente 228 e 65 millóns de anos, dende o Carniano até o Mastrichtiano), no que hoxe é América, Europa, África, Asia, Oceanía e a Antártida. Durante a maior parte do Xurásico e do Cretáceo.
Theropoda Rango fósil: Triásico superior - Cretáceo superior | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Compsognato | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subgrupos | |||||||||||||
|
Os terópodos conforman un variado e amplo grupo de dinosauros sauritisquios caracterizados por ter unha dieta carnívora e o andar bípede. Os terópodos apareceron no triásico tardío (230 millóns de anos) e foron os cazadores terrestres dominantes até a súa extinción no cretáceo tardío (65 millóns de anos) xunto ao resto dos dinosauros e gran cantidade da fauna e flora desa época.
A súa forma varía dende pequenos cazadores primitivos de non máis dun metro, como o Eoraptor luneisis, a xigantescos depredadores de 15 metros de longo, como o Giganotosaurus carolini ou o Carcharodontosaurus saharicus.
Recentemente, púidose inferir a cor da súa plumaxe a partir dos restos de melanosomas[1]
Theropoda defínese como o clado máis inclusivo que contén a todos os dinosauros carnívoros triasicos, xurasicos e cretáceos e aos seus descendentes directos, as aves.
En si, os terópodos divídense en dous grupos importantes: os ceratosáuridos e os tetanuros, ademais dos seus membros máis primitivos, os herrerasáuridos. Os primeiros incluían aos primeiros terópodos grandes, "ceratosaurus", do Xurásico temperán, e aos abelisáuridos, que viviron no Cretáceo no que hoxe é Sudarmérica, África e maila India.
Os tetanuros abranguen un amplo abano de especies máis evolucionadas cós ceratosaurios: incluían os "carnosaurios" (grandes predadores xurásicos e cretáceos) e os "coelurosaurios", que variaban dende os áxiles dromaeosaurios até o famosísimo "Tyrannosaurus Rex".
Cladograma de Weishampel et al., 2004.[2]
Theropoda |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.