From Wikipedia, the free encyclopedia
Douglas Elton Fairbanks Jr., nado en Nova York o 9 de decembro de 1909 e finado na mesma cidade o 7 de maio de 2000, foi un actor norteamericano, alén de militar condecorado na segunda guerra mundial.
Nome orixinal | (en) Douglas Fairbanks, Jr. |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Douglas Elton Ulman Fairbanks 9 de decembro de 1909 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 7 de maio de 2000 (90 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Hollywood Forever Cemetery (pt) |
Educación | Collegiate School (en) Harvard-Westlake School (en) |
Altura | 185 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor, produtor de cinema, actor de televisión, actor de cinema, oficial, guionista, actor de teatro |
Período de actividade | 1916 - 1997 |
Empregador | Warner Bros. |
Carreira militar | |
Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
Rango militar | captain (en) |
Conflito | segunda guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Lee Epling (1939–) Joan Crawford (1929–1933), divorcio |
Fillos | Daphne Nancy Beth Fairbanks () Mary Lee Epling Victoria Susan Fairbanks () Mary Lee Epling Melissa Louise Fairbanks () Mary Lee Epling |
Pais | Douglas Fairbanks e Anna Beth Sully |
Premios | |
|
Fillo do destacado Douglas Fairbanks, unha das primeiras personaxes lendarias de Hollywood, Fairbanks Jr. nunca conseguiu saír totalmente da sombra do pai. Estudou en París,[1] onde estaba coa súa nai recentemente divorciada, cando contactou con el o empresario William Elliott, que quería lanzalo no cinema. Asinou coa Paramount aos catorce anos de idade, en contra da opinión paterna, que desexaba para el o camiño da universidade, e estreou na pantalla en 1923, na fracasada comedia Stephen Steps Out.[2][3] Os seus traballos seguintes no cinema mudo son pouco memorábeis, con excepción do drama Stella Dallas (1926), de Henry King.[4]
A transición ao cinema sonoro foi tranquila, axudada ademais polo seu matrimonio con Joan Crawford, con quen coprotagonizou Our Modern Maidens (1929). Na década de 1930, Fairbanks Jr. coñeceu o éxito en filmes como The Dawn Patrol (1930), Little Caesar (1931), The Prisoner of Zenda (1937), onde por primeira vez interpretou un espadachín, personaxe inmortalizada polo seu propio pai nunha serie de filmes na era muda, Gunga Din (1939) e The Corsican Brothers (1941).
Fairbanks interrompeu a carreira para participar da segunda guerra mundial. Alistouse na Mariña, servindo, entre outros, baixo as ordes do heroe inglés Lord Mountbatten.[5] Inicialmente tenente, Fairbanks pediu a baixa en 1954, xa como capitán. Loitou na fronte de batalla e recibiu diversas medallas: Silver Star e Legion of Merit do seu país, a British Distinguished Service Cross da Inglaterra e as francesas Légion d'Honneur e Croix de Guerre.
Finalizado o conflito, Fairbanks retornou a Hollywood, mais pasaba moito tempo no Reino Unido, onde era aceptado nos altos círculos sociais desde a década anterior, cando xa filmaba nese país. En 1949 recibiu unha condecoración no Palacio de Buckingham; era íntimo da raíña Isabel e do príncipe Filipe, a quen recibía na súa mansión, The Boltons. No cinema, volveu ao xénero de capa e espada con Sinbad the Sailor (1947) e The Exile (1947), porén foise afastando aos poucos das cámaras. Traballou esporadicamente no teatro, inclusive na montaxe americana de My Fair Lady, subtituíndo a Rex Harrison no papel de Higgins. Entre 1954 e 1956, protagonizou na televisión a serie Douglas Fairbanks Presents. Participou tamén en varios telefilmes.
Tras vender The Boltons, estableceuse en Nova York, onde se dedicaba aos deportes, aos negocios e á vida de socialite. Fairbanks casou tres veces. Tras divorciarse de Joan Crawford, casou con Mary Lee Eppling, con quen tivo as súas tres fillas, Daphne, Victoria e Melissa. O matrimonio rematou co falecemento dela en 1988. Posteriormente, uniuse a Vira Shelton en 1991, con quen viviu ata o seu propio pasamento, en 2000, vítima dun infarto.[6][7] Foi sepultado no Hollywood Forever Cemetery, dos Ánxeles, na mesma cripta que o seu pai.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.