A Biblioteca Nacional de Australia (en inglés: National Library of Australia) é a maior biblioteca de referencia de Australia e atópase na súa capital, en Camberra. Tamén fai a función de depósito legal de Australia. Segundo os datos de 2012 e 2013, a biblioteca conta cun fondo de 6 496 772 ítems, e cunha estimación doutros 2 325 900 ítems adicionais na colección de manuscritos.
Biblioteca Nacional de Australia | |
---|---|
Acrónimo | NLA |
Tipo | biblioteca nacional, museo de arte, museo de historia, Government body of Australia e empresa produtora |
Data de fundación | 1960 e 23 de marzo de 1961 |
Director/a | Marie-Louise Ayres |
Localización | |
Sede | Camberra |
Enderezo | Parkes Pl W, Canberra ACT 2600 |
En | Canberra Central |
País | Australia |
35°17′47″S 149°07′46″L | |
Na rede | |
https://www.nla.gov.au/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
A súa fundación remóntase ao ano 1901, cando se creou unha biblioteca para o Parlamento federal. Porén, foi en 1960 cando foi creada a partir da National Library Act coa finalidade de desenvolver e manter unha colección bibliográfica universal, que ten que incluír unha exhaustiva sección nacional sobre Australia e o pobo australiano.[1]
O novo edificio acabouse de construír en 1968. Ademais da colección australiana e xeral, posúe unha das coleccións máis importantes sobre a civilización e a literatura de Asia de todo o hemisferio sur.[2]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.