futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Domènec Balmanya Perera, tamén coñecido como Domingo Balmanya, nado en Xirona o 29 de decembro de 1914 e finado en Barcelona o 14 de febreiro de 2002, foi un futbolista e adestrador español. Xogaba como centrocampista e pasou a maior parte da súa carreira de xogador no FC Barcelona. Como adestrador guiou ao CF Barcelona á vitoria da Copa do Xeneralísimo en 1957 e á conquista da primeira Copa de Feiras en 1958. Despois pasou polos bancos do Valencia, do Betis e do CD Málaga, antes de levar ao Atlético de Madrid a gañar o título de liga en 1966. Dirixiu tamén á selección española entre 1966 e 1968.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 29 de decembro de 1914 Xirona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 14 de febreiro de 2002 (87 anos) Barcelona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Comezou a súa carreira futbolística no Girona, co que xogou na Terceira División, logrando o ascenso a Segunda.[1] En 1935 fichou polo FC Barcelona, debutando coa camiseta do club nun partido do Campionato de Cataluña, competición da que se proclamou campión. A súa estrea na Primeira División produciuse o 10 de novembro de 1935, nunha derrota por 1-0 ante o Espanyol. Esa mesma tempada acadou a final da Copa do Presidente da República, na que foi titular, perdendo 2-1 contra o Real Madrid.[2]
Durante a súa etapa no Barcelona xogou 111 partidos co club en diversas competicións e entre os seus primeiros compañeiros estiveron Joan Josep Nogués, Josep Escolà e Enrique Fernández Viola. Durante a tempada 1936/37, o fútbol nacional foi suspendido por mor da Guerra Civil. Con todo, o Barcelona e outros clubs da zona republicana de España competiron na Liga Mediterránea, proclamándose campión o Barcelona.
En 1937 emprendeu co seu club unha xira de recadación de fondos por México e os Estados Unidos. O equipo xogou catorce partidos contra conxuntos como o Club América, o Atlante FC, o Necaxa e unha selección mexicana. Nos Estados Unidos, o FC Barcelona xogou e gañou un torneo contra unha selección de Brooklyn, unha selección de Nova York, unha selección hebrea, e unha selección dos Estados Unidos. En termos económicos a xira salvou o club, pero o adestrador Patrick O'Connell regresou a España con só catro xogadores. O resto exiliáronse, recalando Balmanya no FC Sète francés, xunto con Escolà e Raich. Con este equipo proclamouse campión de liga en 1939.[1]
Unha vez rematada a guerra civil en 1939, o goberno franquista impuxo unha suspensión de seis anos para os deportistas exiliados.[3] Por mediación do presidente do Barcelona, Enrique Piñeyro, o seu castigo reduciuse a dous anos, e Balmanya e Escolà regresaron do exilio en 1941. Durante a súa primeira tempada trala volta, o Barça evitou por pouco o descenso tras gañar a promoción ante o Real Murcia.[1] A pesar dos malos resultados na liga, o club logrou gañar a Copa do Xeneralísimo, vencendo ao Athletic de Bilbao por 4-3 na prórroga.[4]
Entre 1935 e 1944 xogou 4 partidos coa selección catalá.
Posteriormente acompañou a Nogués ao Gimnàstic de Tarragona, onde puxo fin a súa carreira como xogador e comezou a súa carreira como adestrador, ao suceder no banco ao propio Nogués en 1949. Con todo, a súa primeira experiencia como técnico acabou con decepción xa que o Nàstic acabou a tempada descendendo. Despois de pasar polo Girona e polo Zaragoza, viviu o seu primeiro éxito no Oviedo, ao que levou en 1955 ata o segundo posto do Grupo I da Segunda División, aínda que non conseguiu o ascenso na fase de promoción.
Exerceu como adestrador do FC Barcelona durante dúas tempadas entre 1956 e 1958. Cun equipo formado por xogadores como Velasco, Joan Segarra, Ramallets, Kubala, Luis Suárez e Evaristo, gañou a Copa do Xeneralísimo en 1957 e a primeira Copa de Feiras en 1958. Con todo, na liga só puido ser terceiro (en ambas tempadas) e en 1958 foi substituído por Helenio Herrera.[1]
Despois de dúas tempadas en Francia co FC Sète, regresou a España para facerse cargo do Valencia CF en 1960. Dirixiu o club valenciano durante dúas tempadas, acadando na segunda delas a final da Copa de Feiras, aínda que non chegou a sentar no banco da final, aprazada debido ao Mundial de Chile. Na tempada 1963/64 adestrou o Betis, co que logrou o terceiro posto na liga, e na seguinte ascendeu o CD Málaga a Primeira.
En 1965 foi contratado polo Atlético de Madrid. Alí tivo ás súas ordes a futbolistas como Enrique Collar, Miguel Jones, Adelardo e Luis Aragonés, e acabou proclamándose campión de liga na súa única campaña no club. Grazas a estes éxitos foi nomeado seleccionador de España, cargo que ocupou entre 1966 e 1968. Posteriormente adestrou o Zaragoza, o Cádiz e o Sant Andreu.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.