Dolph Lundgren
Actor sueco / From Wikipedia, the free encyclopedia
Dolph Lundgren, nado en Estocolmo o 3 de novembro de 1957, é un actor, director e artista marcial sueco. Pertence á xeración de actores que representaban o estereotipo do heroe de acción, xunto con Sylvester Stallone, Chuck Norris, Arnold Schwarzenegger, Bruce Willis, Steven Seagal e Jean-Claude Van Damme.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Hans Lundgren 3 de novembro de 1957 (66 anos) Spånga, Suecia (en) |
Datos persoais | |
Residencia | Os Ánxeles |
País de nacionalidade | Suecia Estados Unidos de América |
Relixión | Luteranismo |
Educación | Instituto Real de Tecnologia (pt) Universidade do Estado de Washington (pt) Universidade de Sydney Universidade Clemson (pt) |
Actividade | |
Ocupación | químico , boxeador , modelo , karateka , actor de cinema , culturista , guionista , enxeñeiro , actor , judoka , director de cinema , produtor de cinema , realizador |
Período de actividade | 1978 - |
Lingua | Lingua sueca, lingua inglesa e lingua alemá |
Deporte | Karate Judo |
Familia | |
Cónxuxe | Anette Qviberg (1994–2011) |
Parella | Grace Jones |
Fillos | Greta Lundgren (en) () Ida Lundgren (en) () |
Premios | |
Páxina web | dolphlundgren.com |
|
Ten unha carreira de química pola Universidade Estatal de Washington, estudou enxeñaría química no Real Instituto de Tecnoloxía de Estocolmo a comezos da década de 1980, e ten un máster de enxeñaría química da Universidade de Sydney en 1982. Lundgren ten o cinto negro 3º dan en karate kyokushin e foi campión de Europa en 1980 e 1981. En Sidney, converteuse en gardacostas da cantante xamaicana Grace Jones e comezou unha relación con ela. Xuntos mudáronse a Nova York, e despois dun breve período como modelo e porteiro dun club de Manhattan, Jones conseguiulle un pequeno papel no filme de James Bond 007: Panorama para matar.
O grande éxito de Lundgren chegou co filme Rocky IV de 1985, no que interpretou o boxeador ruso Ivan Drago. Dende entón, apareceu en máis de 40 filmes, a maioría deles no xénero de acción. Interpretou a He-Man no filme de 1987 Masters of the Universe, e a Frank Castle en The Punisher. A comezos de 1990, apareceu en filmes como Dark Angel (1990); Showdown in Little Tokyo (1991), a carón de Brandon Lee; Universal Soldier (1992) con Jean-Claude Van Damme; Fuga mortal (1993), con Kristian Alfonso e George Segal; Johnny Mnemonic (1995), con Keanu Reeves; e Blackjack (1998), dirixido por John Woo. No 2004, Lundgren dirixe o seu primeiro filme, The Defender, e posteriormente rodaría The Mechanik (2005), Missionary Man (2007), Command Performance (2009) e Icarus (2010), que tamén protagonizou. Dende 1995 só participou en filmes "directamente para vídeo", e non será até 2010 cando regrese á gran pantalla con The Expendables, a carón doutros actores de acción como Stallone, Jason Statham, Jet Li, Stone Cold Steve Austin e Mickey Rourke. Volveu facer de Gunner Jensen en The Expendables 2 (2012) e The Expendables 3 (2014).