From Wikipedia, the free encyclopedia
Steven Frederic Seagal, nado en Lansing (Míchigan) o 10 de abril de 1952,[1] é un actor de cine de acción estadounidense e especialista en artes marciais, cinto negro 7º dan en Aikido.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Steven Frederic Seagal 10 de abril de 1952 (72 anos) Lansing, Estados Unidos de América |
Residencia | Scottsdale |
Relixión | Budismo e cristianismo |
Educación | Buena Park High School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Os Ánxeles |
Ocupación | actor de cinema, produtor de cinema, karateka, Aikidoka, músico, especialista de cinema, Shériff, actor de televisión, empresario, guionista, actor, guitarrista, director de cinema, judoka, cantante, ecoloxista |
Período de actividade | 1988 - |
Partido político | Rússia Justa (pt) (2021–) |
Membro de | |
Xénero artístico | Música country |
Instrumento | Guitarra e voz |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | Aikido |
Familia | |
Cónxuxe | Erdenetuya Batsukh (2009–) Kelly LeBrock (1987–1996) Adrienne La Russa (1984–1987) Miyako Fujitani |
Fillos | Kentaro Seagal () Ayako Fujitani () Arissa LeBrock () Kelly LeBrock |
Pais | Samuel Steven Seagal e Patricia A. Seagal |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | stevenseagal.com |
|
É fillo de pai xudeu e nai irlandesa católica. Na súa xuventude mudáronse a Fullerton (California) e empezou a estudar artes marciais da man do famoso mestre de aikido Fumio Demura. O final da súa adolescencia, Seagal formou parte do Equipo de Demostración de Karate de Demura e fixo demostracións diarias no Japanese Deer Park, un parque de atraccións no sur de California. Cando tiña dezanove anos mudouse ao Xapón para continuar o seu estudo de artes marciais.
No Xapón Seagal adestrou con varios mestres como Hiroshi Isoyama e Seiseki Abe, e obtivo o cinto negro 7º dan en aikikai. Casou cunha estudante de Abe Sensei, Miyako Fujitani. Foi o primeiro non xaponés en aconseguir as credenciais de mestre e poder ensinar aikido no Xapón. Despois do seu retorno aos Estados Unidos, Seagal abriu o Tenshin Bugei Gakuen en 1982, seguidor do Dojo no que ensinou no Xapón.
A primeira aparición de Seagal na industria do cine produciuse cando foi contratado como coordinador de especialistas na película de 1982 The Challenge, protagonizada por Toshiro Mifune. En 1983 Seagal volveu aos Estados Unidos, unha década despois de marchar, para intentar unha carreira no mundo do cine. En 1984, casou coa súa segunda esposa, a actriz Adrienne La Russa, cando aínda non estaba divorciado da súa primeira esposa. O seu terceiro matrimonio foi coa actriz Kelly LeBrock, a quen coñeceu cando foi contratado para ser o seu gardacostas.
A carreira de Steven Seagal como actor colleu pulo cando Michael Ovitz, presidente dunha das axencias de talentos máis fortes de Hollywood, Creative Artists Agency (CAA), foi ao estudio de Aikido de Seagal en Burbank, California, e se converteu no seu alumno. Despois disto, a carreira de actor de Seagal engalou e fíxose coñecido polos seus papeis en películas de artes marciais.
Seagal produciu moitas das películas que protagonizou, e tamén participou no guión e na dirección. Os papeis de Seagal non coinciden co arquetipo de heroe de acción. Os personaxes que interpreta acotío son perfectos, sen limitacións e con pouco desenvolvemento do personaxe.
Nos últimos anos, con películas como Belly of the Beast e Half Past Dead, Seagal especializouse en películas destinadas ao mercado de vídeo. A súa estrea en cines mais recente foi Exit Wounds no ano 2001.
Ano | Título | Papel |
---|---|---|
1988 | Above the Law | Nico Toscani |
1990 | Difícil de matar | Mason Storm |
Marked for Death | John Hatcher | |
1991 | Buscando xustiza | Det. Gino Felino |
1992 | Under Siege | Casey Ryback |
1994 | En terra perigosa | Forrest Taft |
1995 | En terra perigosa 2 | Casey Ryback |
1996 | Decisión crítica | Tenente Coronel Austin Travis |
The Glimmer Man | Tte. Jack Cole | |
1997 | Fire Down Below | Jack Taggart |
1998 | The Patriot | Dr. Wesley McClaren |
1999 | Get Bruce | El mesmo |
2001 | Exit Wounds | Orin Boyd |
Ticker | Frank Glass | |
2002 | Half Past Dead | Sasha Petrosevitch |
2003 | The Foreigner | Jonathan Cold |
Out for a Kill | Prof. Robert Burns | |
Belly of the Beast | Jake Hopper | |
2004 | Out of Reach | William Lansing |
Clementine | Jack Miller | |
2005 | Into the Sun | Travis Hunter |
Submerged | Chris Cody | |
Today You Die | Harlan Banks | |
Black Dawn | Jonathan Cold | |
2006 | Mercenary for Justice | John Seeger |
Shadow Man | Jack Foster | |
Attack Force | Cmdr. Marshall Lawson | |
2007 | Flight of Fury | John Sands |
Urban Justice | Simon Ballister | |
2008 | Pistol Whipped | Matt Conlin |
The Onion Movie | Cock Puncher | |
Kill Switch | Jacob | |
2009 | Against the Dark | Tao |
Driven to Kill | Ruslan | |
The Keeper | Roland Sallinger | |
2009– | Steven Seagal: Lawman | El mesmo |
2010 | A Dangerous Man | Shane Daniels |
Machete | Torrez | |
Sheep Impact | Paul Weland | |
2011 | Born to Raise Hell | Samuel Axel |
2012 | Maximum Conviction | Cross |
2013 | Gutshot Straight | Paulie Trunks |
Force of Execution |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.