Dixie (canción)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Dixie, tamén coñecida como 'I Wish I Was in Dixie ou Dixie's Land, é unha canción popular estadounidense. Foi composta orixinalmente por un cantante de Ohio chamado Daniel Decatur Emmett, co nome de Dixie's Land[1] editada en primeiro lugar por Phillip P. Werlein en Nova Orleáns el 1859.[2] Dixie é o nome que se lle da ao sur dos Estados Unidos.
A canción conta a historia dun escravo negro liberado, suspirando pola plantación de algodón na que naceu, faise moi popular baixo o nome de Dixie, sendo rapidamente identificada coa imaxe nostálxica e a ideoloxía dos estados sureños. Foi o himno oficioso dos soldados da Confederación durante a Guerra Civil americana, como contrapunto ao «The Battle Hymn of the Republic» dos soldados do Norte.[1]
O estríbello e o primeiro verso son moi coñecidos no sur dos Estados Unidos.