División de Honra de Rugby 2019-2020
53 edición da División de Honor de Rugby de España / From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 2019-2020 da División de Honra da liga nacional de rugby foi a 53ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España.
Tipo | División de Honra de Rugby ![]() |
---|---|
Organizador | Federación Española de Rugby ![]() |
Número de participantes | 12 ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Período de tempo | tempada 2019-2020 ![]() |
Intervalo de tempo | 14 de setembro de 2019 – 1 de marzo de 2020 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Valladolid Rugby Asociación Club (1) 17 partidos (14 vitoria, 2 derrota, 1 empate). 535 puntos. 293 número de puntos/gols concedidos. Club de Rugby El Salvador (2) 17 partidos (14 vitoria, 3 derrota, 0 empate). 506 puntos. 304 número de puntos/gols concedidos. ![]() |
O torneo contou con doce equipos participantes: tres casteláns, dous vascos, dous cataláns, dous madrileños, dous cántabros e un sevillano. O Club de Rugby Santander (debutante) e o Club de Rugby Ciencias ocuparon as prazas que o ano anterior tiñan o Club de Rugby La Vila e o Gernika Rugby Taldea, descendidos.
Nun principio calendario da fase de liga regular contaba con 22 xornadas, comezando o 14 de setembro de 2019 e rematando o 10 de maio de 2020. Os seis primeiros equipos da táboa participarían na fase de eliminatorias polo título de liga, que comezaría o 17 de maio de 2020 cos encontros de cuartos de final e remataría o 31 de maio de 2020 coa final do campionato.
O equipo que rematase na derradeira posición perdería a máxima categoría. A súa praza sería ocupada polo campión da segunda división do rugby español, a División de Honra B. O penúltimo clasificado disputaría a promoción, unha eliminatoria a dobre partido contra o subcampión da segunda división.
Porén, en marzo, trala disputa da xornada 17, a competición tívose que deter por mor dunha pandemia global vírica que chegou a Europa dende Asia causando milleiros de mortes, e que obrigou ó Goberno de España a declarar o estado de alarma o 14 de marzo de 2020.
O 30 de abril de 2020 a Comisión Delegada da Federación Española de Rugby decidiu dar por finalizada a competición con 17 xornadas de liga regular disputadas e declarar campión ó equipo que ocupaba o primeiro posto na táboa da clasificación, neste caso o VRAC Quesos Entrepinares. Tamén decidiu o descenso de categoría do último equipo da táboa, neste caso o Hernani CRE, a cancelación da promoción e o ascenso á máxima categoría do Getxo RT.
Posteriormente, en outubro, o CR Santander renunciou á súa praza na máxima categoría por motivos económicos [1] e a FER organizou unha eliminatoria para decidir qué equipo ocuparía o seu lugar, entre o Hernani CRE (descendido) e o Jaén Rugby (segundo clasificado na División de Honra B) que renunciou, pasando esa oportunidade de ascender ó equipo valenciano de CP Les Abelles, que venceu a eliminatoria por 12 a 13 en Villanueva de la Cañada.[2]