From Wikipedia, the free encyclopedia
A División de Honra B é a segunda división do rugby español, organizada pola Federación Española de Rugby. A competición conta con 36 equipos divididos en tres grupos xeográficos de 12 equipos cada un para facilitar o desprazamento dos equipos. O grupo A aglutina aos equipos do norte de España, o grupo B aos equipos da costa mediterránea e o grupo C aos equipos do sur e de Madrid.
Tipo | competición de rugby a 15 |
---|---|
Organizador | Federación Española de Rugby |
Liga superior | División de Honra de Rugby |
Liga inferior | Primeira División Nacional de Rugby |
Localización e Datas | |
País | España |
Outro | |
Páxina web oficial | ferugby.es… |
A División de Honra B naceu na tempada 1998-1999, ocupando o segundo nivel do sistema de ligas nacionais de rugby que até entón lle pertencía á Primeira Nacional. Dende entón pasou por varios formatos e sistemas de competición.
O vixente sistema de competición consiste nunha liga regular de 22 xornadas na que os 12 equipos de cada grupo xogan entre si dúas veces, unha como anfitrións e outra como visitantes. Trala fase de liga regular, os oito mellores equipos da categoría pasan a disputar a fase de ascenso á División de Honra A, que consiste en eliminatorias directas con encontros de ida e volta (cuartos de final, semifinais e final). Os oito equipos son os dous primeiros de cada grupo máis os dous mellores terceiros (por puntos).
O gañador da final é o único equipo que acada o ascenso directo, mentres que o outro equipo finalista aínda ten a oportunidade de ascender nunha eliminatoria de promoción na que se enfronta ó penúltimo equipo da máxima categoría.
POSTO | EQUIPO | PUNTOS | XOG | GAÑ | EMP | PER | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | CUARTOS DE FINAL | Ourense | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
2º. | CUARTOS DE FINAL | Eibar | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
3º. | PERMANENCIA | Getxo | 4 | 1 | 1 | 0 | 0 |
4º. | PERMANENCIA | Uribealdea | 4 | 1 | 1 | 0 | 0 |
5º. | PERMANENCIA | CRAT | 4 | 1 | 1 | 0 | 0 |
6º. | PERMANENCIA | VRAC B | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
7º. | PERMANENCIA | El Salvador B | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
8º. | PERMANENCIA | Bera Bera | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
9º. | PERMANENCIA | Zarautz | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
10º. | PERMANENCIA | Santander | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
11º. | PROMOCIÓN | Durango | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
12º. | DESCENSO | Vigo | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
POSTO | EQUIPO | PUNTOS | XOG | GAÑ | EMP | PER | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | CUARTOS DE FINAL | Fénix | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
2º. | CUARTOS DE FINAL | Les Abelles | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
3º. | CUARTOS DE FINAL | Valencia | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
4º. | PERMANENCIA | Babarians | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
5º. | PERMANENCIA | CAU Valencia | 4 | 1 | 1 | 0 | 0 |
6º. | PERMANENCIA | L'Hospitalet | 1 | 1 | 0 | 0 | 1 |
7º. | PERMANENCIA | Poble Nou | 1 | 1 | 0 | 0 | 1 |
8º. | PERMANENCIA | Sant Cugat | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
9º. | PERMANENCIA | Santboiana B | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
10º. | PERMANENCIA | Tatami | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
11º. | PROMOCIÓN | BUC | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
12º. | DESCENSO | Montcada | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
POSTO | EQUIPO | PUNTOS | XOG | GAÑ | EMP | PER | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | CUARTOS DE FINAL | Ciencias | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
2º. | CUARTOS DE FINAL | Industriales | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
3º. | CUARTOS DE FINAL | Liceo Francés | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
4º. | PERMANENCIA | Arquitectura | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
5º. | PERMANENCIA | Jaén | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
6º. | PERMANENCIA | Marbella | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
7º. | PERMANENCIA | Cisneros B | 1 | 1 | 0 | 0 | 1 |
8º. | PERMANENCIA | Almería | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
9º. | PERMANENCIA | Alcobendas B | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
10º. | PERMANENCIA | Olímpico | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
11º. | PROMOCIÓN | CRC | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
12º. | DESCENSO | Cáceres | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.