A tempada 2019-2020 da División de Honra da liga nacional de rugby foi a 53ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España.
Datos rápidos Tipo, Organizador ...
Pechar
O torneo contou con doce equipos participantes: tres casteláns, dous vascos, dous cataláns, dous madrileños, dous cántabros e un sevillano. O Club de Rugby Santander (debutante) e o Club de Rugby Ciencias ocuparon as prazas que o ano anterior tiñan o Club de Rugby La Vila e o Gernika Rugby Taldea, descendidos.
Nun principio calendario da fase de liga regular contaba con 22 xornadas, comezando o 14 de setembro de 2019 e rematando o 10 de maio de 2020. Os seis primeiros equipos da táboa participarían na fase de eliminatorias polo título de liga, que comezaría o 17 de maio de 2020 cos encontros de cuartos de final e remataría o 31 de maio de 2020 coa final do campionato.
O equipo que rematase na derradeira posición perdería a máxima categoría. A súa praza sería ocupada polo campión da segunda división do rugby español, a División de Honra B. O penúltimo clasificado disputaría a promoción, unha eliminatoria a dobre partido contra o subcampión da segunda división.
Porén, en marzo, trala disputa da xornada 17, a competición tívose que deter por mor dunha pandemia global vírica que chegou a Europa dende Asia causando milleiros de mortes, e que obrigou ó Goberno de España a declarar o estado de alarma o 14 de marzo de 2020.
O 30 de abril de 2020 a Comisión Delegada da Federación Española de Rugby decidiu dar por finalizada a competición con 17 xornadas de liga regular disputadas e declarar campión ó equipo que ocupaba o primeiro posto na táboa da clasificación, neste caso o VRAC Quesos Entrepinares. Tamén decidiu o descenso de categoría do último equipo da táboa, neste caso o Hernani CRE, a cancelación da promoción e o ascenso á máxima categoría do Getxo RT.
Posteriormente, en outubro, o CR Santander renunciou á súa praza na máxima categoría por motivos económicos [1] e a FER organizou unha eliminatoria para decidir qué equipo ocuparía o seu lugar, entre o Hernani CRE (descendido) e o Jaén Rugby (segundo clasificado na División de Honra B) que renunciou, pasando esa oportunidade de ascender ó equipo valenciano de CP Les Abelles, que venceu a eliminatoria por 12 a 13 en Villanueva de la Cañada.[2]
Nesta tempada adoptouse o novo sistema de puntos bonus por ensaios. En anteriores edicións o bonus ofensivo acadábase anotando catro ensaios ou máis. Dende a tempada 2019-2020 o bonus ofensivo acádase gañando o encontro anotando tres ensaios ou máis que o equipo rival. Por outra banda os puntos bonus defensivos seguen acadándose cando se perde o encontro por unha diferenza de sete puntos ou inferior.
Máis información POSTO, EQUIPO ...
Pechar
- Primeira volta
Máis información 15-09-2019, 1ª xornada ...
15-09-2019 | 1ª xornada |
26-27 | Independiente - Santboiana |
44-07 | Ordizia - Aparejadores |
18-17 | Cisneros - Alcobendas |
62-17 | Ciencias - Hernani |
29-27 | Barcelona - El Salvador |
26-20 | VRAC - Santander |
06-10-2019 | 4ª xornada |
17-31 | Aparejadores - VRAC |
46-22 | Alcobendas - Santboiana |
21-20 | Independiente - Hernani |
36-35 | El Salvador - Ordizia |
33-0 | Santander - Cisneros |
29-0 | Barcelona - Ciencias |
03-11-2019 | 7ª xornada |
36-25 | Alcobendas - Hernani |
19-28 | Aparejadores - El Salvador |
20-14 | Santboiana - Santander |
19-14 | Independiente - Barcelona |
48-19 | Ordizia - Ciencias |
36-20 | VRAC - Cisneros |
08-12-2019 | 10ª xornada |
14-8 | VRAC - El Salvador |
44-6 | Santander - Hernani |
15-20 | Barcelona - Alcobendas |
11-15 | Ciencias - Aparejadores |
13-17 | Cisneros - Santboiana |
17-20 | Ordizia - Independiente |
|
22-09-2019 | 2ª xornada |
23-22 | Santboiana - VRAC |
17-28 | Aparejadores - Independiente |
34-28 | Alcobendas - Ordizia |
20-21 | Hernani - Cisneros |
38-05 | El Salvador - Ciencias |
28-33 | Santander - Barcelona |
20-10-2019 | 5ª xornada |
18-24 | Aparejadores - Alcobendas |
62-7 | Santboiana - Hernani |
22-23 | Independiente - El Salvador |
36-5 | Ordizia - Santander |
21-24 | Cisneros - Barcelona |
41-6 | VRAC - Ciencias |
10-11-2019 | 8ª xornada |
0-52 | Hernani - VRAC |
31-33 | El Salvador - Alcobendas |
20-20 | Santander - Aparejadores |
32-32 | Barcelona - Santboiana |
42-23 | Ciencias - Independiente |
7-24 | Cisneros - Ordizia |
15-12-2019 | 11ª xornada |
22-16 | El Salvador - Santander |
32-31 | Hernani - Barcelona |
33-13 | Alcobendas - Ciencias |
33-29 | Aparejadores - Cisneros |
30-33 | Santboiana - Ordizia |
35-35 | Independiente - VRAC |
|
29-09-2019 | 03ª xornada |
43-26 | Santboiana - Aparejadores |
20-27 | Independiente - Alcobendas |
66-14 | Ordizia - Hernani |
21-33 | Cisneros - El Salvador |
20-19 | Ciencias - Santander |
40-20 | VRAC - Barcelona |
27-10-2019 | 06ª xornada |
31-33 | Alcobendas - VRAC |
24-30 | Hernani - Aparejadores |
44-11 | El Salvador - Santboiana |
20-30 | Santander - Independiente |
25-25 | Barcelona - Ordizia |
28-15 | Ciencias - Cisneros |
01-12-2019 | 09ª xornada |
5-17 | Hernani - El Salvador |
41-25 | Alcobendas - Santander |
28-28 | Aparejadores - Barcelona |
26-9 | Santboiana - Ciencias |
49-32 | Independiente - Cisneros |
10-25 | VRAC - Ordizia |
Campión de inverno: Alcobendas. |
Pechar
- Segunda volta
Máis información 12-01-2020, 12ª xornada ...
12-01-2020 | 12ª xornada |
43-15 | Santboiana - Independiente |
18-28 | Aparejadores - Ordizia |
29-13 | Alcobendas - Cisneros |
23-41 | Hernani - Ciencias |
41-19 | El Salvador - Barcelona |
19-38 | Santander - VRAC |
16-02-2020 | 15ª xornada |
41-7 | VRAC - Aparejadores |
22-29 | Santboiana - Alcobendas |
7-42 | Hernani - Independiente |
21-24 | Ordizia - El Salvador |
24-16 | Cisneros - Santander |
23-27 | Ciencias - Barcelona |
22-03-2020 | 18ª xornada |
- | - |
- | - |
- | - |
- | - |
- | - |
- | - |
19-04-2020 | 21ª xornada |
- | - |
- | - |
- | - |
- | - |
- | - |
- | - |
|
19-01-2020 | 13ª xornada |
27-7 | VRAC - Santboiana |
38-43 | Independiente - Aparejadores |
18-12 | Ordizia - Alcobendas |
39-25 | Cisneros - Hernani |
12-35 | Ciencias - El Salvador |
24-18 | Barcelona - Santander |
23-02-2020 | 16ª xornada |
9-36 | Alcobendas - Aparejadores |
24-27 | Hernani - Santboiana |
46-22 | El Salvador - Independiente |
26-35 | Santander - Ordizia |
30-27 | Barcelona - Cisneros |
27-28 | Ciencias - VRAC |
29-03-2020 | 19ª xornada |
- | - |
- | - |
- | - |
- | - |
- | - |
- | - |
10-05-2020 | 22ª xornada |
- | - |
- | - |
- | - |
- | - |
- | - |
- | - |
|
26-01-2020 | 14ª xornada |
35-21 | Aparejadores - Santboiana |
50-22 | Alcobendas - Independiente |
15-24 | Hernani - Ordizia |
19-6 | El Salvador - Cisneros |
19-10 | Santander - Ciencias |
14-22 | Barcelona - VRAC |
01-03-2020 | 17ª xornada |
39-14 | VRAC - Alcobendas |
42-7 | Aparejadores - Hernani |
14-34 | Santboiana - El Salvador |
27-23 | Independiente - Santander |
35-37 | Ordizia - Barcelona |
24-16 | Cisneros - Ciencias |
05-04-2020 | 20ª xornada |
- | - |
- | - |
- | - |
- | - |
- | - |
- | - |
|
Pechar
- Eliminatorias polo título
Máis información 17-05-2020, Cuartos de final ...
17-05-2020 | Cuartos de final |
- | 3º - 6º |
- | 4º - 5º |
|
24-05-2020 | Semifinais |
- | 1º - ? |
- | 2º - ? |
|
|
Pechar