Diocese de Britonia
sé titular da Igrexa Católica From Wikipedia, the free encyclopedia
sé titular da Igrexa Católica From Wikipedia, the free encyclopedia
A diocese de Britonia (tamén chamada de Bretoña) foi unha antiga división episcopal da Gallaecia, e na actualidade é unha sé titular da Igrexa católica.
Dioecesis Britoniensis (la) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Creación | c. 572 | ||||
Esta diocese aparece citada no Parochiale suevorum, un documento que mostra a organización eclesiástica da Galiza da época do Reino suevo, que se data entre 572 e 573. Aparece citada como Sedem Britonorum, é dicir, sede dos britanos, indicando que lle pertencen as igrexas do interior dos britanos, o mosteiro Maximi, e as igrexas sitas en Asturias.
No Primeiro Concilio de Lugo, datado en 569, cítase o bispo Mailoc, como representante de Britonia; este bispo reaparece no 572 no Segundo Concilio de Braga.
A diocese é posteriormente citada noutros concilios, xa con outros representantes en época visigoda (desde 585, o reino suevo fora incorporado aos dominios visigodos), en Toledo (IV, VII e VIII). A derradeira mención corresponde ao ano 675[1], no III Concilio de Braga.
Trátase dunha diocese de “de tipo persoal de raza, presidida por un obispo monxe, con carácter local indeterminado en Galicia e en Asturias”, baixo a forma de "comunidades cristiás celtas" estruturadas ó redor dun mosteiro central[2].
Cando o concilio de Lugo fala das outras dioceses de Galicia, asigna a cada unha determinados territorios; á britoniense non lle asigna territorio algún, fóra do xenérico de Galicia e Asturias. Só indica que nese territorio estaba situado o mosteiro de Máximo. Debía ser entón sumamente coñecido pola súa importancia; pero os autores non están de acordo á hora de precisar o lugar en que se achaba situado[3].
O territorio da antiga diocese dos britanos —Britonia— ocupou principalmente a franxa costeira da Mariña de Lugo ata a comarca da Terra Chá, chegando a súa influencia ata as costas da comarca do Eo-Navia polo leste[4], e de Ferrol polo oeste.
O medievalista francés Louis Duchesne[5] terá manifestado que cara a fin do século V ou comezos do VI, estableceuse na costa norte de Galicia unha colonia de emigrados britabos, dando orixe á fundación dunha diocese que se denominou Britonia, á súa fronte atopábase polo ano 572 o bispo Maeloc, cuxo nome é abondo significativo. Outro medievalista francés como Pierre David[6] era da mesma opinión e afirmaba que refuxiáronse no macizo montañoso da costa galega entre o Ferrol e o río Eo e algúns deles chegaron a se estender alén do Eo, polas terras da actual Asturias. Para estes autores a presenza en Galicia dos britanos tivo que ser a dun gran contixente[7]
A súa antiga sé, coñecida co nome de Mosteiro Máximo foi identificado por algúns autores como Díaz y Díaz coa basílica medieval de San Martiño de Mondoñedo, onde se atopan restos do séculos V-VI d.C. Cambiando de sé e nome en varias ocasións, a actual diocese galega de Mondoñedo é a súa sucesora histórica. Cada ano no mes de agosto a vila de Bretoña celebra o seu pasado coa Festa do Lugnasad, xuntanza lúdico-cultural que esta a sumar maior capacidade de convocatoria cada ano no calendario festivo galego.
O asentamento desta vaga de emigrantes britanos e a creación dunha diocese relixiosa propia supón o segundo maior asentamento dun pobo estranxeiro en terras galegas, despois dos suevos.
A diocese de Britonia debeu ser fundada por britanos, habitantes da illa de Bretaña, a actual Gran Bretaña.[8] Compelidos polas invasións anglosaxoas, grupos xermanos que desembarcan na Gran Bretaña, comunidades bretoas abandonan a illa entre o século IV e VII, dirixíndose basicamente ás costas galas, onde se asentan na península de Armórica, que acabará por tomar o nome actual da Bretaña, a consecuencia deste poboamento.
É indubidábel que se dirixiran tamén para outras partes[8]. Certos grupos deberon chegar até as costas setentrionais galegas, onde se organizaron en comunidades, e onde introduciron a a súa peculiar organización relixioso-cristiá algo diferente. Os toponimistas non dubidan en identificar os seus asentamentos cos varios lugares denominados Bretoña en Galiza, á parte do da Pastoriza: Bretoña (Barro), Bertonía, Bertoña etc.
Tamén o nome propio do bispo Mailoc é de ascendencia celta-insular, relacionado con diferentes variantes, Maeloc, Maedoc ou Mailog, co significado de príncipe ou xefe[9]. Posteriormente a documentación conciliar do século VII deixa de falar de bispos dos britanos e comeza a referirse a bispos de Britonia, cuxos titulares, por outra banda, comezan a ter nomes xermánicos[10] fronte ao que sucedía nos primeiros tempos.
Bispos coñecidos da ecclesia Brittaniensis:
Autores modernos[11] apuntan á continuidade da mesma sé baixo outra denominación. Porén a meirande parte dos autores[12] supoñen que o episcopado britoniense desapareceu por mor das invasións musulmás, entre os que salientan Armando Cotarelo Valledor[13] , Antonio García García[14] e Enrique Flórez[15], este último sinalou:
La invasión de los Sarracenos en España pasó tan adelante por Galicia, que llegó hasta Britonia, y la destruyó.
Ou Enrique Cal Pardo[3] que concreta a data e sinala:
Bretoña “fue destruida y convertida en inhabitable” por Abd-el.Aziz, hijo de Muza, el año 716. Con ella desaparecieron los obispos britonienses, de los que no se tiene ulterior noción.
Cando volvemos a ter constancia do mapa eclesiástico galego, non existe nin sequera lembranza de Britonia[16], sen que, por exemplo se refira na "Notitia Episcoporum" da Crónica Albeldense, nómina das dioceses do reino asturiano a finais do século IX.
O prelado trala invasión musulmá fuxiu ós territorios de Asturias e non volveu a Bretoña xa que a antiga diocese deu orixe, no século IX, ás de Oviedo e Mondoñedo[17]. A primeira formouse cos territorios que tiña en Asturias (entre o río Eo e o río Navia aproximadamente) e a segunda creada no 870, en tempos de Afonso III de Oviedo, cos de Galicia (entre o río Eume o o río Eo)[18], ubicándose a sé en San Martiño de Mondoñedo, polo que os seus bispos pasaron a chamarse dumienses ou mindonienses. trasladándose definitivamente a sé a Mondoñedo no 881[19].
A opinión xeneralizada[20][21] e de acordo ás escavacións realizadas xunto á posterior igrexa parroquial de Santa María de Bretoña non conduciron máis que á seguridade de que alí houbo unha edificación relixiosa nos séculos VI e VII[22].
En canto se a posterior diocese de Mondoñedo-Ferrol sería a herdeira da britoniense cabe traer a colación a Antonio García García[3]:
“Con el territorio que Britonia tenía en Galicia se crea un nuevo obispado que acabará llamándose de Mondoñedo. Parece que no existe una relación tal como para afirmar que lo que se denominaba diócesis de Bretoña es lo que se denomina ahora obispado de Mondoñedo. No fue un simple cambio de nombre. En el territorio que había ocupado la diócesis en la parte de Galicia, se creó, a siglo y medio de distancia, la actual diócesis de Mondoñedo. No se restauró la diócesis de Bretoña, sino que se creó una diócesis nueva".
Moito despois da supresión do bispado en 716 en 1969 a diocese foi recuperada como unha sé titular da Igrexa católica, isto é que existe soamente no seu título e posúe un bispo titular que non é diocesano[23]. Dende entón, os bispos titulares da mesma foron os seguintes[24]:
A designación destas titularidades recóllese en dúas publicacións que edita anualmente o Vaticano: o Annuario Pontificio (en italiano) e a Acta Apostolicae Sedis ‒ Commentarium Officiale (en latín). O título de bispo nominal de Britonia outorgouse por primeira vez a finais de 1969, polo que non aparece recollido nestes documentos ata o ano seguinte, en 1970. Na Acta Apostolicae Sedis do 31 de xaneiro de 1970 recóllese a Acta Pauli PP. VI do Consistorium secretum do 15 de decembro de 1969. Trala protocolaria alocución papal enuméranse os bispados de nova provisión, aparecendo na páxina 16 o de Britonia: «Britonensem, Eugenium O’Callagham, iam Episcopum Clogheriensem».
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.